Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello amplía o prazo de pagamento das taxas e impostos

Oleiros, 6 de abril de 2020-. Ante a pandemia do COVID-19, suspéndense ata o 30 de abril de 2020 todos os procedementos tributarios iniciados polo Concello. Durante este período de suspensión, os suxeitos pasivos non están obrigados a realizar ningún trámite ante o Concello.

Os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito quedarán suspendidos durante o prazo e vixencia do estado de alarma, e no seu caso, das prórrogas que se adoptaren. O prazo para contestar requirimentos de achega de documentos de natureza tributaria suspéndese ata o 20 de maio de 2020.
 
O prazo de pagamento dos tributos xa emitidos (IVTM, Cemiterios municipais, vados e caixeiros) amplíase ata o 1 de xuño. Para poder realizar o pagamento do recibo entre o 1 de maio e o 1 de xuño, sen recarga do 5%, deberá solicitarse un duplicado mediante o envío dun correo electrónico a recadacion@oleiros.org, indicando os datos do titular e a referencia do recibo. Os cidadáns e cidadás con certificado dixital poden descargar un duplicado ou pagalo a través da sede electrónica, na páxina web do Concello.
 
No caso do IBI urbano e rústico e do IAE o período voluntario de pagamento irá do 15 de setembro ao 30 de novembro. Os recibos domiciliados cargaranse o 2 de novembro.
 
O Concello de Oleiros tampouco vai cobrar as terrazas e os alugueres municipais daquelas actividades que non se poidan desenvolver polo Estado de Alarma.
 
“Está é a forma de actuar, e non outras que se fan desde a demagoxia. Unha vez pasemos esta situación aquelas familias con problemas imos atendelas. Faltaba máis... Os que teñan problemas económicos, nós estaremos aquí para axudalos. Analizaremos caso por caso”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza