Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello de Oleiros ten cuberta a atención ás familias en situación vulnerabilidade

Oleiros, 18 de marzo de 2020-. O Concello de Oleiros quere agradecer publicamente a todos os veciños e veciñas que nos últimos días se ofreceron a participar en tarefas extraordinarias orixinadas pola pandemia do coronavirus. Neste momento, o Concello non precisa de persoas voluntarias para atender as situacións de emerxencia social que hai no municipio.

O persoal do departamento de Servizos Sociais e Igualdade, así como outros traballadores municipais que non poden desempeñar as súas funcións habituais, están organizados e coordinados para garantir a entrega de alimentos e outros produtos de primeira necesidade ás familias que se atropan nunha situación de vulnerabilidade. O Concello tamén está preparado para cubrir un futuro incremento de necesidades, ante un posible aumento do número de familias en dificultades.
 
O Concello de Oleiros, igual que xa facía antes desta crise, está en contacto permanente con todas as familias en situación de vulnerabilidade atendendo de maneira personalizada e individualizada cada uno dos casos.
 
Oleiros é un municipio singular por moitos motivos, pero un dos que nos fai sentir máis orgullosos a todos e todas é a calidade humana da inmensa maioría dos cidadáns. O contacto entre Servizos Sociais e a veciñanza é permanente, e vai moito máis alá dunha situación puntual como a que estamos vivindo. A comunicación entre Concello e veciños é recíproca e permite detectar de inmediato as situacións de vulnerabilidade. Ademais da axuda que se presta desde a administración local, é de eloxiar a todas as persoas que nunca dubidan en botar unha man desinteresadamente a aqueles veciños e veciñas que o precisan.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza