Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello de Oleiros reforza o servizo de axuda no fogar para atender ás persoas maiores e dependentes

Oleiros, 15 de marzo de 2020-. Tal e como decretou o pasado venres o Concello de Oleiros, vanse continuar prestando todos os programas e servizos municipais de carácter asistencial básico. É o caso do Servizo de Axuda no Fogar que inclúe a prestación diversos servizos no domicilio, en función do grao de dependencia, tales como coidados, hixiene persoal ou comida a domicilio, entre outros.

O Concello de Oleiros ten rexistrados e atendidos a todas as persoas maiores e dependentes do municipio que precisan algún tipo de axuda ou asistencia no seu domicilio, coas que se seguirá traballando como ata o de agora, extremando as medidas de precaución hixiénicas para evitar posibles contaxios. Ademais, ante o peche dos Centros de Día, vaise reforzar o servizo para atender ás persoas maiores que acudían a estes centros e que non contan cunha rede familiar.
 
“Como imos suspender a atención ás persoas maiores do municipio? Temos 66 traballadores e traballadoras que están atendendo persoas maiores e dependentes nas súas casas. Faltaba máis que agora os deixáramos abandonados”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
O Concello de Oleiros solicita a todos os cidadáns que sigan as instrucións e directrices determinadas tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno central. É importante actuar con civismo, calma e tranquilidade ante esta situación.
 
Todas as instalacións municipais van permanecer pechadas as próximas dúas semanas, polo que non haberá atención presencial agás en casos de extrema urxencia. Para realizar calquera xestión co Concello de Oleiros o teléfono de atención aos cidadáns é o 981610000. Tamén é posible realizar numerosos trámites a través da Sede Electrónica. Na web municipal están dispoñibles os correos electrónicos de todos os departamentos municipais.
 
O Concello de Oleiros lembra a todos os cidadáns a importancia de lavar as mans; evitar tocar ollos, nariz e boca; tusir contra o brazo ou o cóbado e evitar o contacto próximo con outras persoas con síndromes respiratorios. O teléfono de información sobre o COVID-19 é o 900400116.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza