Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Os Concertos pedagóxicos achegarán a música a todas e todos os estudantes de primaria de Oleiros

Oleiros, 14 de febreiro de 2020-. Un ano máis, e xa van dezanove edicións, o Concello de Oleiros organiza os concertos pedagóxicos municipais para todo o alumnado de educación primaria dos centros educativos públicos de Oleiros. Este programa está creado para amosar o papel relevante da música en xeral nas súas vertentes e estilos máis diversos, para xerar impresións, motivacións, sentimentos e reaccións como parte fundamental das artes escénicas.

O días 17 e 27 de febreiro, no auditorio da Fábrica, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria poderá gozar da obra de Lydia Botana, De aquí para alá. O 30 de marzo, no auditorio Gabriel García Márquez (Mera), será o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria os que terán a oportunidade de asistir ao espectáculo El Mundo Suena, da Agrupación Arcos Iris, formada por membros da Orquestra Sinfónica de Galicia.
 
Un total de 1.371 rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos, xunto cos seus respectivos  55 mestres, participarán nesta actividade. O Concello financia o 100% deste programa, incluído o desprazamento.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza