Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O alumnado dos tres institutos públicos asistirá ao auditorio de Mera a ver a obra Language Planning

Oleiros, 14 de febreiro de 2020-. O vindeiro luns 17 de febreiro o alumnado dos tres institutos de Oleiros asistirá ao Auditorio Gabriel García Márquez, a ver a obra Language Planning, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello. O alumnado asistente recibiu previamente o libro Made in Galiza, de Sechu Sende, editado por Galaxia, no que se basea a obra interpretada pola compañía Os Quinquilláns.

Made in Galiza é un clásico da nosa lingua, un libro de historias orixinais e divertidas que provocan a reflexión sobre a situación sociolingüística. O espectáculo Language Planning é unha montaxe teatral participativa que destaca polo seu carácter cómico e retranqueiro. Deste xeito, a risa emprégase como ferramenta para tratar distintos aspectos da lingua e o seu desenvolvemento na práctica cotiá.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza