Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello oferta novas prazas no obradoiro de apoio ás persoas que coidan familiares con dependencia

 Oleiros, 29 de outubro de 2019-. O Programa de Apoio a Persoas Coidadoras do Concello de Oleiros contará a partir do luns 4 de novembro cun novo grupo do obradoiro Descubrindo emocións. O obxectivo do programa está enfocado a apoiar a persoa coidadora co fin de mellorar a súa calidade de vida, reducir a aparición de trastornos psicolóxicos e  conseguir a mellor adaptación posible á situación que está a vivir a diario no seu rol de coidadora, dotando de estratexias para manexar dunha forma axeitada as situacións de estrés coas que se enfronta.

O obradoiro vai desenvolverse os luns de 10:00 a 11:30 horas no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, desde o 4 de novembro ata o 23 de decembro. As persoas coidadoras dun familiar con dependencia que desexen participar nestas actividades poden inscribirse no Departamento de Servizos Sociais de Oleiros ou a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. 
 
A frase “coidar ao que coida” resume a importancia fundamental que ten o apoio á persoa que asume a responsabilidade na atención ás persoas enfermas ou dependentes, xa que ademais do apoio directo que se presta a través doutros programas como axuda no fogar, centros de día, comida sobre rodas, teleasistencia..., o benestar da persoa coidadora é a mellor forma de contribuír ao benestar das persoas que coidan.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza