Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O luns abre o prazo para a adquisición de parcelas para a construción de vivendas unifamiliares

 Oleiros, 10 de setembro de 2019-. O Concello de Oleiros ten á venda 23 parcelas de propiedade municipal que foron adquiridas gratuitamente a través da xestión do planeamento das novas urbanizacións que se foron creando por todo o concello. Os solares atópanse en Dorneda (Xaz), Mera (Cividanes, Canide e Punxeiro), Oleiros, Iñás e Perillo, contan con todos os servizos e son para a construción de vivendas unifamiliares.

Estas parcelas saíron á venda previamente mediante unha poxa pública, pero non foron adquiridas no prazo establecido. A partir do próximo luns día 16, e durante un ano, poden ser mercadas polos prezos de saída da poxa pública. As adxudicacións realizaranse por orde de presentación da documentación requerida ante o rexistro municipal.
 
SOLO PARA VIVENDAS PLURIFAMILIARES DE ALUGUER TAXADO
 
O Concello tamén dispón de solo á venda para a construción de vivendas plurifamiliares para aluguer de prezo taxado nas proximidades do campo de golf de Xaz, no centro de Mera, en Oleiros e en Perillo. Este solo está dirixido a promotores e o prazo de presentación das ofertas finaliza o vindeiro luns día 16 de setembro.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza