Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O luns abre o prazo de inscrición para o "Obradoiro do corpo"

 Oleiros, 28 de agosto de 2019-. O próximo mércores 11 de setembro reiníciase a actividade “Obradoiro do Corpo” na Casa da Cultura de Perillo. Esta actividade enmárcase dentro dun amplo programa de actividades dirixidas ás mulleres para o seu benestar físico e emocional, desde unha perspectiva de xénero. 

O “Obradoiro do Corpo” é unha actividade corporal que persigue obxectivos de benestar integral, revalorizando a identidade de cada muller participante, así como fomentar hábitos de vida saudables e favorecer unha maior vida social. Vaise desenvolver os mércores na primeira planta da Casa da Cultura de Perillo, en dous grupos, un de 10:00 a 11:30 horas e outro de 11:45 a 13:15 horas.
 
As solicitudes de praza serán do 2 ao 9 de setembro. As mulleres interesadas poden informarse e recoller as solicitudes de inscrición no departamento de Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros, a través do Facebook dos Servizos Sociais e Igualdade de Oleiros, na web municipal e no teléfono de atención ao veciño 981 61 00 00.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza