Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Mañá inaugúrase a XXV edición de Alfaroleiros

 Oleiros, 6 de agosto de 2019-. O parque Luís Seoane de Santa Cruz acollerá o acto de inauguración da XXV edición de Alfaroleiros mañá mércores, ás 12:30 horas. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presidirá o acto ao que tamén asistirán representantes da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, alcaldes de varios municipios, representantes de Abanca o artista Joseba Muruzábal e a protagonista do mural que acaba de rematar na rúa do Repicho, a oleira Lola de Falla.

A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos. O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:30 horas. 
 
Agárdase que un ano máis sexan centos as persoas que visiten Santa Cruz e outras localidades do municipio con motivo desta feira, que ademais da olería ofrece unha ampla programación de actividades culturais e de ocio, dirixidas a todos os públicos, que supoñen un importante reclamo.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza