| Dende Outubro 2010 « Atrás A noite do mércores cortarase a N-VI, desde Sol y Mar ata O Seixal, para instalar a primeira das pasarelas peonísOleiros, 2 de agosto de 2019-. A noite do mércores 7 de agosto ao xoves 8 de agosto vai efectuarse un corte na circulación na N-VI, entre as 22:00 horas e as 7:00 horas desde a intersección de Sol y Mar ata O Seixal. O tráfico vai desviarse pola avenida Rosalía de Castro e pola Costa da Tapia. No caso dos residentes nas zonas do Graxal e O Paraíso van poder acceder e saír dos seus domicilios seguindo a sinalización. Nos puntos dos cortes haberá operarios regulando e tamén contarán coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico e da Policía Local. |