| Dende Outubro 2010 « Atrás O mércores comeza a XXV edición de AlfaroleirosOleiros, 2 de agosto de 2019-. O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 7 e 11 de agosto, a XXV edición de Alfaroleiros. A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos. O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:30 horas. Agárdase que un ano máis sexan centos as persoas que visiten Santa Cruz e outras localidades do municipio con motivo desta feira, que ademais da olería ofrece unha ampla programación de actividades culturais e de ocio, dirixidas a todos os públicos, que supoñen un importante reclamo. O acto de inauguración desta nova edición de Alfaroleiros terá lugar o vindeiro mércores día 7, ás 12:30 horas, no parque Luis Seoane. |