| Dende Outubro 2010 « Atrás O alumnado do Obradoiro de Emprego da Finca Tenreiro remata a súa formación cun contrato de traballoOleiros, 30 de xullo de 2019-. O alumando que participou no Obradoiro Dual de Emprego “Acondicionamento do edificio principal da Finca Tenreiro” rematou a súa formación de 9 meses cun contrato de traballo nunha empresa. Neste proxecto, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, participaron 20 veciños de Oleiros en situación de desemprego que se formaron nas especialidades de albanelaría e carpintería e que contribuíron ao acondicionamento do edificio principal deste gran parque público. Todos os alumnos que obtiveron o certificado de profesionalidade foron contratados por unha empresa do sector, polo menos, durante 3 meses. O Concello de Oleiros convocou unha orde de axudas para entregar un incentivo económico ás empresas que realizasen estas contratacións. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López, o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, participaron no acto de entrega dos diplomas aos alumnos e alumnas participantes. |