Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

A Xunta pretende duplicar as achegas dos concellos para escolas infantís e centros de día, de exclusiva competencia autonómica

Oleiros, 12 de xullo de 2019-. A Xunta de Galicia, sen contar cos concellos, pretende duplicar a achega do 30% que facían os municipios para escolas infantís e centros de día, cando o servizo e as competencias sobre estas instalacións correspóndelle exclusivamente á Consellería. O Concello de Oleiros recorreu esta resolución ante os tribunais do contencioso-administrativo.

Nas escolas infantís e nos centros de día, a Xunta é quen decide todo: as políticas que se aplican, a contratación do persoal, a admisión de persoas usuarias... En ningún caso se conta para nada coa opinión dos concellos. No caso de Oleiros preténdese impoñer un pago anual de 379.200 euros ao concello.

Nada ten que ver o anterior coa débeda real de máis de 100.000 euros, recollida no convenio asinado coa Consellería de Política Social, para a compra do local social de Maianca, co que se substituía o servizo que prestaba a antiga Casa do Mar antes da reforma realizada pola Xunta para crear un centro de día para persoas maiores. Esa obra foi realizada cuns fondos europeos que a día de hoxe non están a cumprir o fin polo que foron concedidos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza