Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello de Oleiros lembra a obriga de manter limpas e libres de maleza as fincas

Oleiros, 10 de xullo de 2019-. O Concello de Oleiros lembra aos veciños e veciñas do municipio a obriga de manter limpas e libres de maleza as súas propiedades, xa que o incumprimento desta supón unha violación da Ordenanza municipal de limpeza e das leis de ordenación urbanística do medio rural da Xunta de Galicia.

As persoas propietarias dos inmobles e soares teñen o deber de mantelos nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade, limpeza e ornato público. Do contrario produciranse molestias e riscos para a seguridade dos veciños e veciñas lindeiros e das persoas usuarias das vías públicas. O incumprimento desta normativa podería xerar sancións económicas de carácter coercitivo comprendidas entre os 300 e os 6.000 euros.

“Nas zonas urbanas, o que ten unha parcela non a pode ter chea de maleza, os propietarios están obrigados a limpalas. Se hai un incendio esa persoa pode meterse nun lío xa que o prexuízo que se cause noutras propiedades é responsabilidade do dono da finca onde se orixina o lume. Polo tanto, rogamos que se cumpra coa normativa para non ter que sancionar a ninguén”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza