Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Santa Cristina, Santa Cruz e Mera acollerán o III Festival de Artes Escénicas na Rúa esta fin de semana

 Oleiros, 8 de xullo de 2019-. Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do municipio servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporánea, teatro… A terceira edición de Rúa Ext-cénica  transformará as rúas de Oleiros en escenarios propicios para provocar a interacción social co público no marco dun ambiente festivo. 

VENRES 12 DE XULLO
 
Triple Volante. Praza Esther Pita, ás 19:30 horas.
Kanbahiota realiza o primeiro pase do seu espectáculo de acrobacias aéreas.
 
As parábolas de Pakolas. Praza do Castelo, ás 20:15 horas.
Concerto e narración de contos infantís a cargo de Pakolas.
 
Triple Volante. Praza Esther Pita, ás 21:30 horas.
Kanbahiota realiza o segundo pase do seu espectáculo de acrobacias aéreas.
 
SÁBADO 13 DE XULLO
 
Ricki, el profesor de tenis. Praza Esther Pita, ás 20:00 horas.
A Compañía La Mano Jueves presenta o seu espectáculo de circo e clown sobre un afamado deportista de elite.
 
Concerto de Vodoo e Lilaina. Praza do Castelo, ás 21:00 horas.
Música do dúo feminino Vodoo que mestura a música tradicional galega con blues, soul e funk e do grupo de pandeireteiras Lilaina.
 
DOMINGO 14 DE XULLO
 
Rojo estándar. Praza da Lagoa, ás 12:30 horas.
La Nördika realiza un espectáculo de circo e danza.
 
Danza contemporánea. Parque José Martí, ás 21:00 horas.
Ánxela Blanco representará Voo; Entremans, Instante gradual e La Macana pechará a xornada con Ven.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza