Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Todos os sábados de verán haberá música na rúa en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera

 Oleiros, 3 de xullo de 2019-. O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.

Os concertos celebraranse as noites dos sábados durante os meses de xullo (de 20:30 a 22:30) e agosto (de 20:00 a 22:00). Participarán diferentes grupos de estilos moi variados que darán ambiente ás terrazas con música jazz, salsa, blues, rumba, pop, flamenco...
 
Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán. En total haberá 33 actuacións para atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalería.
 
Este sábado comezan as actuacións cos concertos de #Dosenpunto diante das terrazas da praia de Mera, Dúo Vintage no Porto de Santa Cruz (zona do Preludio), Calle Rumba na avenida de Santa Cristina (zona Debén) e Briza na Praza afundida de Santa Cristina.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza