Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O bus urbano 1-A da Coruña terá unha parada en Santa Cristina desde este sábado

Oleiros, 10 de xuño de 2019-. A liña de bus urbano 1-A da Coruña vai estender o seu percorrido ata Santa Cristina desde este sábado 15 de xuño ata o 15 de setembro. Este servizo xa podería funcionar desde o pasado verán, pero a Xunta de Galicia impediuno a través de numerosas trabas burocráticas.

O pasado 20 de abril de 2018 o Concello de Oleiros propuxo a creación dun servizo de transporte público ás praias de Oleiros durante o verán desde os municipios da Coruña, Cambre e Culleredo para mellorar a mobilidade nas estradas. Aínda que en Cambre e Culleredo a empresa que ten a concesión se negou a realizar o servizo, no caso da Coruña si que existiu acordo entre todas as partes.

“Vai darse un servizo moi bo, cun bus cada 16 minutos, con paradas na Cidade Vella, Porta Real, Praza de Ourense, Catro Camiños, Estación de Autobuses, Elviña, Monelos e Eirís. Nós agardamos que se use moito, tanto polos veciños da Coruña como polos de Oleiros, para poder reducir movementos de vehículos privados, atascos e problemas de aparcamento”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

De luns a venres, o primeiro bus sairá ás 6:30 horas do Abente y Lago e o último ás 23:00 horas. Os sábados haberá buses desde A Coruña de 6:30 a 22:50 horas. Os domingos o servizo irá desde as 7:25 ata 23:00 horas.

Desde Santa Cristina, de luns a venres, haberá buses desde as 7:00 ata as 22:55 horas. Os sábados os horarios serán de 6:55 ata 22:09 horas. Os domingos e festivos de 7:50 a 22:46 horas.

HORARIOS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza