Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

A VI Foliada Tradicional reunirá as agrupacións folclóricas do municipio nas Torres de Santa Cruz o domingo

Oleiros, 31 de maio de 2019-. O vindeiro domingo día 2 de xuño o Concello de Oleiros organiza unha nova edición da Foliada Tradicional, unha xornada lúdica e de encontro na que participarán as diferentes agrupacións folclóricas de Oleiros. O obxectivo principal é fomentar o espírito de convivencia e compartir experiencias, inquedanzas e novos proxectos nunha xornada de festa nun ambiente distendido.

A festa comezará ás 13:00 horas, nas Torres de Santa Cruz, e haberá diferentes actividades dirixidas a toda a familia. Pola tarde, todas as persoas que o desexen poderán unirse libremente a bailar e a cantar cos grupos ata a queimada popular, que porá fin á troula.

Está prevista a participación dos Rueiriños de Nós, o Grupo de Baile e Gaitas Santaia de Santa Cruz, a Agrupación folclórica Folliñas de Oleiros, A Marola de Mera, O Amanexo de Dexo, Semente Nova de Perillo e Frouma.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza