Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello elimina o poste que Telefónica se negou a retirar en Lóngora

Oleiros, 1 de febreiro de 2019-. O Concello de Oleiros procedeu á retirada do poste de telefonía que se atopaba a piques de caerse sobre a vía pública na rúa Casares Quiroga. Debido á deixadez de Telefónica, que levaba sendo requerida desde setembro para que procedera á súa substitución, o Concello decidiu actuar para garantir a seguridade dos cidadáns.

“O poste levaba 5 meses inclinado, cun perigo tremendo. Telefónica nin nos contestou, por iso decidimos actuar, para evitar danos en calquera persoa. Cortámolo onte e agora nos lles vai quedar máis remedio que reparalo. Non nos cansaremos de darlles leña a estas empresas que tanto dano lle fan á cidadanía”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza