Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

A Fábrica acolle o domingo a representación da Galiña azul, para nenas e nenos

Oleiros, 21 de decembro de 2018-. A compañía Tanxarina presenta o domingo ás 18:30 horas no auditorio da Fábrica o seu espectáculo A Galiña azul, recomendado para un público familiar. Miguel Borines Fernández, Andrés Giráldez Río e Eduardo Rodríguez “Tatán”  conforman o elenco desta obra na que se mesturan monicreques e actores.

A galiña azul está baseada no conto homónimo de Carlos Casares. O espectáculo resulta unha convincente arma contra a inxustiza, unha clara defensa da diversidade. Fainos lembrar que aínda é posible loitar contra a homoxeneidade cando esta vén imposta, que formas alternativas de resistencia seguen existindo aínda que sexa pintando galiñas de azul e organizándose de xeito colectivo.

As entradas poñeranse á venda a partir das 17:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza