Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello de Oleiros destina 35.100 euros para subvencionar o alumnado que usa o comedor escolar e facilitar a conciliación

Oleiros, 17 de outubro de 2018-. O Concello de Oleiros convoca subvencións municipais destinadas aos alumnos e alumnas dos centros de ensino público que utilizan os comedores escolares xestionados polas ANPA. En total repartiranse 35.100 euros.

As solicitudes poderán presentarse no centro cultural A Fábrica, ata o 7 de novembro. A contía exacta que se lle concederá a cada solicitante dependerá da renda per cápita da familia solicitante.

Ademais destas subvencións, o Goberno municipal destina 60.000 euros anuais para os gastos de comedor dos menores en situación de vulnerabilidade. Grazas aos convenios asinados coas ANPA, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos de ensino de Oleiros e que actúan como entidades colaboradoras, o Concello asume o 95% ou o 100% do gasto do comedor escolar daqueles nenos e nenas con familias nunha situación de vulnerabilidade.

BASES DA CONVOCATORIA

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza