Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O venres e o sábado terá lugar a segunda edición do Festival Rockanroleiros

Oleiros, 10 de outubro de 2018-. A vindeira fin de semana a praza Esther Pita de Santa Cruz acolle a segunda edición do Festival Rockanroleiros. Os concertos serán desde ás 13:00 horas coas sesións vermú e pola tarde a partir das 18:30 horas ata a noite, tanto o venres como o sábado.

O venres tocarán os grupos True Mountais, Theta Waves, Engraved, Psychoducks, Mte Music, Downtown. O concerto do sábado contará con Aurora & The Betrayers, Undercover, Desubicados, Chasis e Rosebud.

O Concello de Oleiros abriu hai xa varios anos dous locais de ensaio gratuítos para que os diferentes grupos musicais e a mocidade do municipio con paixón pola música tivesen un espazo onde crear e practicar esta arte. A día de hoxe son numerosos os grupos que gozan destes espazos e reciben diferentes talleres formativos.

Despois de varios anos, co apoio e orientación do Concello, varios grupos  decidiron formar a Asociación Musicoleiros para fomentar a música e dar cabida a todas aquelas persoas e grupos do municipio.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza