Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Novo Obradoiro Dual de Emprego na Finca Tenreiro

Oleiros, 20 de setembro de 2018.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia acaba de comunicar ao Concello de Oleiros a Concesión do Obradoiro Dual de Emprego denominado “Acondicionamento edificio principal Finca Tenreiro”.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia acaba de comunicar ao Concello de Oleiros a Concesión do Obradoiro Dual de Emprego denominado “Acondicionamento edificio principal Finca Tenreiro”. Este proxecto está dirixido a persoas desempregadas maiores de 18 anos. As especialidades que se impartirán son as seguintes: 

- Fábricas de Albanelaría
- Traballos de carpintería e moble

O obxectivo deste Obradoiro de emprego é rematar todas as obras de restauración da casa principal da finca Tenreiro, sita en San Pedro de Nós. Unha vez finalizada a restauración o Concello pretende situar na mesma un albergue xuvenil.

 A duración é de 9 meses e iniciarase no mes de outubro.

 A subvención concedida por parte da Xunta é de 288.807,00 € e a achega municipal é de 27.800 €. Deste proxecto beneficiaranse 20 alumnos/as en situación de desemprego que van a estar contratados dende o primeiro día nun total de 9 meses. O contrato que se lles fará é de formación xa que van alternar a formación co traballo na restauración do edificio. O salario que van a percibir cada un/unha destes/as alumnos/as é de 735,90 € máis as correspondentes pagas extras as que teñan dereito.

 Ademais para levar adiante este proxecto contrataranse os seguintes profesionais:

- Director/a
- 2 Mestres (1 para cada unha das especialidades)
- 1 Titor/a-coordinador/a de formación
- 1 Administrativo/a

Tanto para a selección de alumnado coma do persoal directivo, docente e de apoio que van participar, aprobaranse unha bases que posteriormente se publicarán no taboleiro de anuncios do Centro de Formación e nas oficinas de emprego da Coruña. O equipo responsable da selección está constituído por persoal técnico da Xunta e do Concello de Oleiros.

Todas as persoas interesadas teñen que estar inscritas no servizo público de emprego como demandantes de emprego, como demandantes de Formación nos Obradoiros de emprego ou demandando formación nunha das especialidades que se ofertan (madeira e/ou construción). O alumnado beneficiario será a veciñanza de Oleiros.

Unha das novidades deste proxecto é que aqueles alumnos que obteñan o Certificado de profesionalidade na ocupación, terán un contrato nunha empresa do sector de polo menos 3 meses de duración, unha vez que rematen. As empresas terán un incentivo económico para a contratación dos mesmos.

Calquera persoa interesada que se poña en contacto co Centro Municipal de  Formación “Isaac Díaz Pardo” sito no nº 24 da Urbanización dos Regos ou chamando por teléfono ao número 981610319 ou 981631706.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza