| Dende Outubro 2010 « Atrás O luns haberá unha visita guiada á exposición de Francisco LlorénsOleiros, 7 de agosto de 2018-. Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na visita guiada á exposición itinerante sobre o pintor e paisaxista galego Francisco Lloréns, que terá lugar o vindeiro luns 13 de agosto ás 12.00 horas no Parque da Lagoa, de Mera. A mostra, organizada polo Consorcio das Mariñas, intenta poñer en valor e difundir a vida e obra do pintor galego como o “Pintor das Mariñas”, un dos máximos representantes do impresionismo galego e quen nas súas obras retratou moitas paisaxes de Oleiros, Sada e outros lugares da comarca. As prazas son limitadas e a visita está especialmente recomendada para rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos. A exposición permanecerá instalada no parque da Lagoa ata o día 16 de agosto. Para máis información e inscricións pode chamarse ao teléfono 981 610 000 ou contactar a través do enderezo electrónico cultura@oleiros.org. |