Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Santa Cristina, Santa Cruz e Mera acollerán o II Festival de Artes Escénicas na Rúa esta fin de semana

Oleiros, 9 de xullo de 2018-. Prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do municipio servirán de escenario para artistas e compañías das máis variadas procedencias e disciplinas: música electrónica, circo, danza contemporánea, teatro… A segunda edición de Rúa Ext-cénica  transformará as rúas de Oleiros en escenarios propicios para provocar a interacción social co público no marco dun ambiente festivo.

VENRES 13 DE XULLO

Plato, platito, platete. Praza Esther Pita, ás 20:00 horas.
Javi Javichy realiza un espectáculo de clown e malabares cheo de emoción.

Muum máis danza. Praza do Castelo, ás 21:30 horas.
O dúo Muum mestura percusión, guitarra, electrónica e voces con danza.

SÁBADO 14 DE XULLO

Contiguo. Praza Esther Pita, ás 12:30 horas.
A Compañía IO realizará un espectáculo único no que se xunta acrobacia, música e danza.

MounQup + IGMIG. Praza do Castelo, ás 21:00 horas.
MounQup ofrece un universo musical onde as bases electrónicas mestúranse con multitude de voces, tanto suaves como potentes.

DOMINGO 15 DE XULLO

Ricki, el profesor de tenis. Miradoiro de Santa Ana, ás 12:30 horas.
A Compañía La Mano Jueves presenta o seu espectáculo de circo e clown sobre un afamado deportista de elite.

Agua, Nexos e Impermeable. Parque José Martí, ás 21:00 horas.
As compañías Senpü, Exire e Elahood traen ás rúas de Oleiros os seus espectáculos artísticos de danza contemporánea.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza