Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Máis de 92 millóns de euros e case 500 obras atópanse paralizadas polas imposicións do anterior Goberno central

Oleiros, 4 de xullo de 2018-. Máis de 92 millóns de euros da Deputación da Coruña destinados a financiar o Plan único (POS+2018) e o seu complementario nos 93 concellos da provincia atópanse actualmente paralizados debido á imposibilidade da súa licitación.

Un total de 484 obras e 71 investimentos previstos nos concellos da provincia da Coruña non poden saír a licitación debido á imposición do anterior Goberno central. Esta limitación débese á obrigatoriedade que teñen os concellos de licitar e anunciar as obras a través da Plataforma de Contratación do Sector Público, que non está optimizada para o seu uso por parte de moitos municipios, malia a entrada en vigor da nova lei de contratos do sector público. Esta circunstancia ten completamente paralizada a obra pública provincial, o que supón un total de 92.394.736,66 euros.
 
“É unha situación esperpéntica. Centos de obras e servizos paralizados están a provocar paro e deterioro nas infraestruturas que se teñen que mellorar nos 93 concellos da provincia. É insostible”, comentou o alcalde e deputado provincial Ángel García Seoane. A esta circunstancia xa complicada, úneselle o requirimento para que as citadas obras non contratadas estean finalizadas no presente exercicio.
 
“Para que están a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a FEGAMP? Que están a facer os deputados e deputadas do Parlamento Galego e do Estado? É necesario lembrarlles que non só están para cobrar, senón para xestionar. A solución para o paro non está en enquisas electorais cociñadas, senón na creación de emprego. Os alcaldes e concelleiros, representantes da cidadanía a nivel local, temos que saír á rúa á marxe da cor política para esixir axilidade na tramitación dos expedientes e normativas que eliminen –e non empeoren- a terrorífica burocracia que actualmente ten paralizado este país”, dixo García Seoane. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza