Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Desde o luns non poderá accederse á avenida de Santa Cristina desde a glorieta

Oleiros, 23 de febreiro de 2018-. Desde o luns, e durante varios días, quedará cortado o acceso á avenida de Santa Cristina desde a rotonda polas escavacións das obras do sifón. Os vehículos que procedan da Coruña e queiran dirixirse a esa zona terán que facelo pola rúa Darwin. Desde a avenida de Santa Cristina si será posible incorporarse á avenida Ernesto Che Guevara dirección A Coruña.

As obras, que comezaron no mes de xaneiro, tiñan un ano de prazo de execución. Dada a grande velocidade á que están avanzando os traballos, a actuación que afecta á estrada podería estar finalizada nas vindeiras semanas.

Xunto co tanque de tormentas que se está a construír en Santa Cruz, esta importante actuación que rolda os dous millóns de euros completará definitivamente a rede de saneamento do Concello de Oleiros. A obra consiste, entre outras cousas, na colocación dunha grande tubaxe dun metro de diámetro baixo o carril dereito da avenida Ernesto Che Guevara -dirección A Coruña, desde a rotonda do monumento ao Che ata a ponte da Pasaxe.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza