Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O pleno acorda que o Concello asuma o mantemento das pasarelas na N-VI para que Fomento as contrate de inmediato

Oleiros, 22 de febreiro de 2018-. O pleno municipal acordou na sesión celebrada hoxe que o Concello de Oleiros asuma os gastos de mantemento das pasarelas peonís a instalar polo Ministerio de Fomento na N-VI en Perillo, así como dos ascensores e demais elementos auxiliares. Desta maneira o Goberno municipal agarda que o Ministerio de Fomento contrate estas infraestruturas públicas no mes de marzo. No caso de que non sexa así, o Concello de Oleiros invalidará o acordo.

“Nunha estrada que pasa por unha zona urbana consolidada ao 100%, nun tramo de máis dun quilómetro, non poder haber un único paso de peóns. Unha persoa que se atopa no Graxal e quere cruzar ao outro lado da estrada ten que percorrer case dous quilómetros”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Tamén foi aprobado un manifesto, co apoio de todos os grupos agás o Partido Popular, para reivindicar o día internacional da muller o 8 de marzo. A Corporación Municipal de Oleiros aprobou un texto no que se demanda a eliminación da discriminación laboral, económica e social das mulleres. A declaración contempla o apoio do Concello de Oleiros á folga e a todas as demais mobilizacións que vaian ter lugar o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller, reivindicando a igualdade de oportunidades nas condicións e traballo na esfera social e no dereito a vivir sen violencias.

Ademais, antes de finalizar a sesión, os concelleiros do Partido Popular María Begoña Pazos Villaverde e Roberto Varela Veiga presentaron a súa dimisión ante o pleno.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza