Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello redacta o proxecto de construción de beirarrúas en Lorbé para que a Xunta contrate a obra

Oleiros, 22 de febreiro de 2018-. O Concello de Oleiros entregará nos vindeiros días o proxecto de construción de beirarrúas en Lorbé, desde a casa do pobo ata o linde con Sada pola marxe dereita. A Xunta de Galicia, que é a administración titular da estrada, está obrigada a contratar esta obra para dotar de seguridade os peóns nun núcleo urbano tan importante como é o de Lorbé.

O Concello de Oleiros xa puxo previamente a disposición da Xunta de Galicia o solo necesario para a realización desta obra o pasado ano. Os terreos foron cedidos polos veciños ao Concello.

“Ademais de poñer o solo a disposición da Xunta de Galicia gratuitamente, tamén redactamos o proxecto. Se temos que agardar a que a Xunta o fixera non habería obra nunca. Nos vindeiros días imos entregarlle o documento á Consellería de Infraestruturas para que contraten a obra neste ano, que deberían ter un custo duns 300.000 euros ”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza