Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello organiza unha excursión en Semana Santa ao Parque Natural de Babia e Luna

Oleiros, 21 de febreiro de 2018-. Parque Natural de Babia e Luna será o destino da viaxe que organiza por Semana Santa o Concello de Oleiros. O prazo de inscrición para as persoas interesadas comeza mañá xoves 22 de febreiro.

As datas da excursión, do 29 de marzo ao 1 de abril, coinciden coa ponte de Semana Santa. O Parque Natural de Babia e Luna constitúe unha excelente representación dos ecosistemas da Cordilleira Cantábrica e algúns dos seus cumios destacan desde o punto de vista  xeomorfolóxico, ecolóxico ou paisaxístico. Por outro lado, este grande espazo natural ten un gran valor tanto histórico e cultural, xa que nestes vales e montañas laváronse a cabo episodios fundamentais da historia dos reinos Astur e Leonés como etnográfico, xa que se manteñen  formas e modos de vida propios da montaña leonesa relacionados coa transhumancia de meriñas e outras razas autóctonas.

As prazas son limitadas. Todas aquelas persoas interesadas maiores de 18 anos poderán informarse e inscribirse persoalmente no Departamento de Cultura  (A Fábrica), no teléfono 981 610 000 (extensións 4915 e 4916), ou nos enderezos electrónicos: cultura@oleiros.org e r.caparros@oleiros.org.

PROGRAMA DA VIAXE:

1º día: Oleiros- Villablino (Laciana - León)

- Visita ao Centro do Urogallo (Caboalles de Arriba - León): serra dos Ancares Leoneses
- Ruta de sendeirismo pola contorna: Subida ao Cuetu Nidio/Braña de La Degollada
- Aloxamento no Albergue Giner de los Ríos (Villablino)
- Cea en grupo.

2º día: Ruta de sendeirismo sobre a transhumancia no Parque Natural de Babia e Luna

- Ruta da Transhumancia polas terras de Babia e Luna.
- Visita á Casa do Parque Natural de Babia e Luna (Riolago-San Emiliano)
- Regreso ao aloxamento e cea en grupo.

3º día: Visita ás Covas de Valporquero e ruta de sendeirismo polas inmediacións.

- Visita guiada ás Covas de Valporquero (Vegacervera).
- Ruta de sendeirismo nas inmediacións de Valporquero (León).
- Visita ao museo do pastor (Barrios de Luna)
- Regreso ao aloxamento e cea en grupo

4º día: Visita á cidade de León e achegamento ás Médulas (O Bierzo-León): Patrimonio da Humanidade

- Paseo polo casco vello da cidade de León e visita guiada á Catedral de León.
- Paseo libre polo barrio Húmedo
- Xantar
- Ruta de sendeirismo polas Médulas: La Cuevona (O Bierzo)
- Viaxe de regreso a Oleiros

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza