Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Entroido do Concello de Oleiros critica cunha comedia moi ácida aos políticos máis destacados do panorama nacional e internacional

Oleiros, 16 de febreiro de 2018-. A “Compañía Municipal de Teatro”, que encabezou un ano máis o alcalde Ángel García Seoane, realizou unha gala de entrega dos Premios Óscar cargada de humor e de denuncia das actuacións e comportamentos dalgúns dirixentes políticos. Perfectamente caracterizados, os grandes líderes do panorama nacional e internacional fixeron rir a gargalladas ás máis de 600 persoas que participaron na festa do Entroido do Concello de Oleiros.

O primeiro dos premiados foi o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, como paiaso máis internacional. A segunda das estatuíñas recolleuna o protagonista da mellor serie de intriga europea, Carles Puigdemont. O terceiro dos premiados foi Mariano Rajoy como o mellor protector dos ladróns de guante blanco, que apareceu rodeado de catro dos seus protexidos: Luis Bárcenas, Iñaki Urdangarín, Carlos Fabra e Miguel Blesa. O premio ao mellor proxecto de innovación política foi para Albert Rivera, que da man Jose María Aznar desfilaron polo escenario cantando o Cara el Sol.

O último dos premiados foi o Concello de Oleiros pola súa defensa e conservación do Medio Ambiente e a natureza. Nese momento apareceu no escenario unha árbore. Donald Trump quixo talala cunha machada pero antes do impacto o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, saíu vitorioso do interior da árbore, tirándoa enriba do presidente norteamericano, que acabou derrotado no chan.

Posteriormente, o alcalde agradeceu durante a súa intervención a presenza a de todas as persoas asistentes na festa de Entroido e destacou, ademais da gran ironía do espectáculo, a importante mensaxe de denuncia que existe detrás desta gala de Premios Óscar do Entroido oleirense.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza