Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O Concello de Oleiros fai un chamamento á responsabilidade das persoas usuarias das praias

Tal e como determinou o Goberno central, desde hoxe pódese tomar o sol, bañarse e permanecer nas praias, sempre que se respecten as medidas de seguridade e hixiene establecidas para a prevención do Covid-19 polas autoridades sanitarias. Como norma xeral establécese o mantemento dunha distancia mínima de seguridade de polo menos dous metros, ou no seu defecto, medidas alternativas de protección física ou etiqueta respiratoria (uso de máscaras).

O pleno municipal deste mércores será a porta pechada e emitirase en directo por Radio Oleiros

O Goberno municipal aprobará no pleno do Concello de Oleiros, que se celebra o mércores 27 de maio a partir das 19:30 horas na Casa Charry, o acordo de participación no Plan provincial para o financiamento de gastos sociais extraordinarios derivados da COVID- 19. Tamén se decidirán as obras e servizos de competencia municipal que se van realizar con cargo ao POS+ adicional da Deputación.

O Concello organizará campamentos de verán, se as autoridades sanitarias o permiten

O Concello de Oleiros ten intención de organizar campamentos de verán xuvenís e infantís. Polo momento estase á espera das ordes ditaminadas por parte das autoridades sanitarias para poder seguir avanzando na súa planificación.

O Concello de Oleiros licita a pista de patinaxe e ciclismo de Bastiagueiro

O Concello de Oleiros comezará nas próximas semanas as obras de construción da nova pista de patinaxe e ciclismo de Bastiagueiro. Esta instalación deportiva estará situada nos terreos de propiedade municipal que se atopan na marxe dereita da avenida Ernesto Che Guevara dirección Santa Cruz.

O bus urbano da Coruña retomará a parada en Santa Cristina a partir do 15 de xuño

Igual que o pasado verán, a liña de bus urbano 1-A da Coruña vai estender o seu percorrido ata Santa Cristina desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. As frecuencias oscilarán entre os 15 e os 20 minutos en ambos sentidos.

Os peóns teñen preferencia sobre as bicicletas en parques e paseos sen carril bici

Ante o incremento de ciclistas en bicicletas de montaña circulando por paseos e parques públicos do municipio, o Concello de Oleiros lembra a importancia de respectar as normas e a sinalización. A cidadanía que transite a pé ten preferencia sobre aquelas persoas que van en bicicleta.

O Concello traslada as actividades das persoas con deterioración cognitiva aos seus domicilios

O Concello de Oleiros, en colaboración coa entidade Afaco, está a elaborar materiais de estimulación para as persoas afectadas con deterioración cognitiva. Ante a imposibilidade de realizar a actividade de "EstimulAcción" como estaba prevista, distribúense os materiais entre as persoas coidadoras que os van realizar coas persoas afectadas nas súas casas.

O alcalde diríxese ao Goberno central para esixir a adxudicación do túnel de Sol y Mar e o dragado da ría

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixirase ao ministro de Fomento, José Luis Ábalos, para que se proceda, sen máis dilacións, á adxudicación das obras do túnel soterrado de Sol y Mar. As ofertas por parte das empresas interesadas foron presentadas no mes de febreiro.

A Xunta aproba definitivamente os cambios do Plan Xeral en Monte do Sino e no centro de Oleiros

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas notificoulle ao Concello de Oleiros a aprobación definitiva de dous cambios no Plan Xeral de Ordenación Municipal. Este informe favorable da Xunta de Galicia era o último paso na tramitación destas modificacións.

O documento do Plan xeral de Cambre aprópiase de zonas verdes do Concello de Oleiros

O Concello de Cambre incluíu no documento de borrador do Plan xeral de ordenación municipal zonas verdes e equipamentos que pertencen ao Concello de Oleiros. A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu un informe alertando sobre as numerosas anomalías do documento.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza