A costa libre de Oleiros declarada novamente sendeiro azul europeo
O Concello de Oleiros volverá recibir o galardón que recoñece a costa do municipio como sendeiro azul europeo. O elevado número de quilómetros de paseos e sendeiros existentes a carón do mar ao longo de todo o litoral fai posible este importante recoñecemento.

Este sábado Leticia Rey Trío ofrece un concerto na Fábrica
Leticia Rey Trío serán os encargados de abrir o X Ciclo de Música Voces Cálidas para Noites de Inverno cun concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, o sábado ás 20:30 horas. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Juan Fariña presentará o xoves en Casa Charry O que foi, a súa nova novela
Algunhas personaxes recoñecidas do franquismo patrio (Carmen Polo, Pedro Barrié ou Arias Navarro) desfilan polo Portomarín de antes do asolagamento en O que foi, a nova novela de Juan Fariña, escritor e concelleiro en Bergondo. O acto de presentación en Oleiros será o vindeiro xoves 2 de febreiro na Casa Charry, ás 19 horas. Con esta obra Fariña volve á narrativa tras As cartas de Abel, na que explora a historia galega e española dos últimos 80 anos.

As denuncias públicas forzan a apertura do Pazo de Meirás aos escolares
As denuncias públicas realizadas polo Concello de Oleiros, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e outras entidades sobre o peche do Pazo de Meirás aos escolares de toda Galicia forzaron ao Goberno tránsfuga de Sada a cumprir coas súas obrigas coa cidadanía e permitir as visitas dos centros de ensino de Oleiros.

A próxima semana comeza Móvete+, o programa de actividade física dirixido a mulleres que padecen ou superaron enfermidades oncolóxicas
Móvete+ é un programa de actividade física que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron, dirixida a reducir os efectos secundarios dos tratamentos recibidos e que poderían cronificarse.

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de febreiro
Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de febreiro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Subvencións concedidas por outras administracións públicas no ano 2022
O Concello de Oleiros, a través das Concellerías de: Cultura e Normalización Lingüística, Ensino-Xuventude e Deportes solicitou e ten concedidas por outras administracións públicas para o ano 2022.

O Goberno tránsfuga de Sada pecha o Pazo de Meirás para visitas de escolares de toda Galicia
O Goberno tránsfuga de Sada non está a permitir a realización de visitas de alumnado de colexios e institutos ao Pazo de Meirás. Os actuais responsables do Concello de Sada non queren abrir o pazo entre semana para que os escolares galegos poidan visitalo.

Concerto de jazz con Antonio Agra 5 tet, este sábado na Fábrica
Antonio Agra 5 tet ofrecerá este sábado un concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas. O espectáculo será gratuíto con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes na propia sala.

As bibliotecas de Oleiros programan máis de 60 sesións de contacontos de febreiro a maio
Máis de 60 sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos de distintas idades terán lugar nas distintas bibliotecas públicas de Oleiros entre os meses de febreiro e maio dentro do veterano programa municipal A Hora do Conto, unha iniciativa de dinamización cultural de grande importancia no calendario infantil.