| Dende Outubro 2010Debido ás obras de mellora da rede xeral de abastecemento de auga no centro de Mera, mañá mércores 6 de xullo vai efectuarse un corte na subministración desde as 9.00 da mañá. A medida que avancen os traballos irá restablecéndose o servizo en todas as rúas, no peor dos casos non máis tarde das 18:00 horas. Este xoves comezará o micro festival musical As Tardes do Alfar, que ofrecerá concertos gratuítos todos os xoves de xullo. A primeiras actuacións será as de Black Blue, ás 18:30 horas, e Peña , ás 20:30 horas. A xornada completarase cunha visita guiada polo museo e un obradoiro de torno. O pleno municipal aprobou a ordenanza das condicións básicas de emisión e uso das tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade e mobilidade reducida. O obxectivo principal que se persegue é mellorar e axilizar o proceso de tramitación e evitar utilizacións fraudulentas. O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera. A Xunta elimina sen previo aviso a tarxeta moedeiro destinada a familias vulnerables dous días antesA Xunta de Galicia procedeu a eliminar dous días antes do previsto a Tarxeta Social Básica mediante a que se prestaba servizo de cobertura das necesidades básicas de alimentación e farmacia a familias en situación de vulnerabilidade económica. Sen previo aviso e de maneira unilateral a Xunta adoptou esta decisión sen informar os concellos, que son as entidades que tramitan estas tarxetas, nin as persoas receptoras da axuda. O extenso patrimonio medioambiental público do Concello de Oleiros vai incrementarse de maneira inmediata. Sandra Ortega, propietaria de 19.908 metros cadrados de solo urbano en Dorneda -entre a rúa do Mar e a rúa da Poza-, creará un gran parque público para uso e disfrute de toda a cidadanía, asumindo tamén o custo íntegro das obras. A Fábrica, en Perillo, será a sede da exposición colectiva dos obradoiros de pintura municipal. O acto de inauguración terá lugar o venres 1 de xullo ás 20:30 horas. Numerosos veciños e veciñas do municipio trasladaron ao Concello o seu malestar por ter que agardar á intemperie mentres esperan para ser atendidos nas urxencias do centro de saúde de Santa Cruz. Persoas maiores, nais con bebés lactantes, persoas con discapacidades... vense obrigadas a permanecer no exterior, soportando frío ou chuvia. Os misioneros Javier Campos Morales e Joaquín César Mora Salazar foron vítimas dun brutal asasinato o pasado luns 20 de xuño no templo da comunidade de Cerocahui en Chihuahua, na Cidade de México. O Concello de Oleiros condena estes feitos violentos, esixe xustiza e a recuperación dos corpos que foron substraídos do templo polas persoas armadas. Desde o 2 de xullo ata o 15 de setembro, o Concello de Oleiros ofertará rutas guiadas gratuítas polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. As persoas interesadas en participar deberán reservar a súa praza chamando ao teléfono 981 618 154. |