Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Goberno central, Xunta e Concellos acordan o financiamento para iniciar o dragado da ría este ano

Esta mañá celebrouse unha reunión na Delegación do Goberno para abordar a financiación do dragado da ría da Pasaxe, que ten un custo de 46 millóns de euros. No encontro participaron o Secretario de Estado de Medio Ambiente; as conselleiras de Infraestruturas, Medio Ambiente e Mar; e os alcaldes da Coruña, Cambre Culleredo e Oleiros.

O proxecto de orzamentos do Estado condena a máis atascos a milleiros de cidadáns

Os orzamentos do Estado que presentou o Goberno central para o ano 2019 asigna cantidades irrisorias para a realización das infraestruturas viarias que tanto precisa a comarca da Coruña. Cos fondos que aparecen indicados no documento é totalmente imposible abordar ningunha das urxentes necesidades que existen en materia de mobilidade.

O Concello de Oleiros denuncia a existencia de 5 postes en estado ruinoso na rúa do Lameiro

O Concello de Oleiros denunciará ante o Ministerio de Industria e Naturgy o estado ruinoso no que se atopan 5 postes de alta tensión na rúa do Lameiro, entre O Seixal e a costa da Tapia. Dado o abandono existente, a situación é moi grave para a seguridade pública.

O Concello contrata as obras de creación do novo parque costeiro entre As Galeras e Bastiagueiro

O Concello de Oleiros adxudicou por importe de 479.268,90 euros as obras de creación dun novo parque costeiro entre o actual das Galeras e a praia de Bastiagueiro. As empresas Sergonsa e López Cao serán as encargas de realizar este proxecto.

O Concello de Oleiros retirou 608 niños de velutinas no 2018

O Concello de Oleiros segue a traballar intensamente para combater a invasión da avespa asiática. O Servizo Municipal de Emerxencias retirou no ano 2018 un total de 608 niños primarios de avespas velutinas en distintos lugares do termo municipal.

A Fábrica acolle o venres a proxección dun documental sobre Alonso Montero

O auditorio do centro cultural A Fábrica acolle este venres día 11, a partir das 20:00 horas, a proxección do documental Cidadán Alonso Montero, o mestre das palabras, dirixido por Xan Leira. A continuación abrirase unha charla coloquio na que participará o protagonista do filme así como o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e as persoas asistentes.

O Concello de Oleiros saca a contratación a construción de beirarrúas en Lorbé

O Concello de Oleiros iniciou a licitación da obra de construción de beirarrúas en Lorbé, desde a casa do pobo ata o linde con Sada. Dos 455.020,52 euros que o Concello vai investir neste proxecto, 239.254,30 euros proceden dun plan provincial e os outros 215.766,22 achégaos directamente a entidade local.

O Concello de Oleiros concede 268.363 euros en subvencións a 63 entidades do municipio

A Xunta de Goberno local aprobou a concesión das subvencións solicitadas polas distintas entidades, asociacións e clubs do municipio sen ánimo de lucro, atendendo ás normas de concorrencia competitiva determinadas nas bases da convocatoria. En total repártense 268.363 euros entre 63 entidades. As ANPA e os centros de ensino público reciben o 47,86% das axudas.

Aberto o prazo de preinscrición para participar no programa de viaxes á neve da Deputación

Entre o 1 e o 4 de febreiro a Deputación da Coruña organizará unha viaxe a Cabeza de Manzaneda para nenos e nenas de entre 11 e 15 anos. Para poder participar, as persoas interesadas deberán preinscribirse na Fábrica antes do día 10 de xaneiro.

As actividades ocupacionais contan con prazas dispoñibles

Entre o 2 e o 4 de xaneiro estará aberto o prazo para solicitar as prazas vacantes nas distintas actividades ocupacionais organizadas polo Concello de Oleiros. As inscricións poderán realizarse a través da sede electrónica da web municipal, no apartado trámites en liña dentro da carpeta de Cidadáns/Empresas ou ben nas propias oficinas de Servizos Sociais, a partir das 10:00 horas do día 2 de xaneiro ata o 4 de xaneiro ás 12:00 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza