Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Silvia Salgado presenta o luns na Biblioteca de Santa Cruz o seu libro La Aldea

A Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz acolle o vindeiro luns día 15 de outubro, ás 19:00 horas, a presentación da novela "La aldea" de Silvia Salgado. Esta obra conta a historia dunha aldea de China que tras sufrir un terrible terremoto hai que volver a construíla, a levantala.

O río de San Pedro limparase para evitar asolagamentos

Ante as demandas do Concello de Oleiros da necesidade de limpar as beiras dos ríos que transcorren polo municipio, Augas de Galicia realizará tarefas de limpeza no río de San Pedro. Con estas actuacións preténdese evitar posibles asolagamentos ante episodios de chuvia moi intensos.

O Museo Os Oleiros acolle un obradoiro para crear asadores de castañas

O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para o obradoiro MAGOSTO no Museo Os Oleiros. Trátase dunha actividade na que os participantes aprenderán a facer asadores de castañas, da man do oleiro de Buño Aparicio Añón.

O venres e o sábado terá lugar a segunda edición do Festival Rockanroleiros

A vindeira fin de semana a praza Esther Pita de Santa Cruz acolle a segunda edición do Festival Rockanroleiros. Os concertos serán desde ás 13:00 horas coas sesións vermú e pola tarde a partir das 18:30 horas ata a noite, tanto o venres como o sábado.

Estudo do Momento presenta o sábado no García Márquez o drama 1879. Casa de bonecas

Estudo do Momento presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo 1879. Casa de bonecas, de Henrik Ibsen e dirixido por Xoán Carlos Mejuto. Iria Ares e Xoán Carlos Mejuto protagonizan esta obra de teatro.

O Concello de Oleiros subvencionará os colexios, as ANPA e as entidades deportivas, culturais e sociais con 273.200 euros

O Concello de Oleiros abriu a convocatoria de subvencións dirixida ás entidades locais para a promoción e difusión da cultura e do deporte para este ano 2018. En total repartiranse 273.200 euros entre todos os colectivos.

O alcalde de Oleiros solidarízase co alcalde italiano detido por acoller persoas refuxiadas

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixiuse por carta ao seu homólogo do municipio italiano de Riace, Domenico Lucano, tras ser arrestado esta semana polas autoridades italianas. García Seoane tamén se dirixiu ao embaixador italiano en España para transmitirlle a súa preocupación por este acontecemento.

O Concello destina 110.000 euros á conservación dos paseos de madeira

O Concello de Oleiros contratará proximamente un conxunto de obras de restauración e tratamento da madeira de parques públicos e paseos marítimos. O custo destes traballos é de 110.299,69 euros.

As rotondas do Graxal, As Torres e Abeleiras serán ornamentadas

O Concello de Oleiros iniciará os trámites de licitación para a ornamentación de 4 rotondas do municipio. Está prevista a ordenación e decoración con diversos motivos das dúas rotondas de acceso á urbanización O Graxal, a rotonda das Torres en Oleiros e a rotonda de Abeleiras en Dorneda.

A contratación do novo parque costeiro entre As Galeras e Bastiagueiro atópase pendente do acordo do pleno da Deputación

O Concello de Oleiros ten previsto sacar a contratación nas vindeiras semanas as obras de ordenación do Parque Costeiro que irá desde a actual zona verde das Galeras ata a praia de Bastiagueiro. Para poder iniciar os trámites, o Concello está pendente do acordo definitivo por parte do pleno da Deputación provincial.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza