|
Los lunes a las 13:20, el Alcalde en la COPE, y los martes a las 12:55 en la SER | |
Premio europeo para a praia de Bastiagueiro por levar 36 anos consecutivos con bandeira azul
Tan só 8 municipios en toda España levan 36 anos consecutivos recibindo a bandeira azul: 7 de Valencia e Oleiros. Por este motivo, o organismo europeo ADEAC concedeu unha distinción especial ao Concello nun acto celebrado esta mañá en Cullera.
Tan só 8 municipios en toda España levan 36 anos consecutivos recibindo a bandeira azul: 7 de Valencia e Oleiros. Por este motivo, o organismo europeo ADEAC concedeu unha distinción especial ao Concello nun acto celebrado esta mañá en Cullera. O programa de excursionismo e sendeirismo para persoas maiores Ven e Descubre contará con 1.170 prazas
Decenas de veciños e veciñas participaron esta tarde no acto de presentación do programa municipal Ven e Descubre, que ofrece para este ano 2023 un total de 1.170 prazas para excursións e rutas de sendeirismo para veciños e veciñas maiores de 60 anos. Haberá 15 saídas de excursionismo e 11 de sendeirismo.
Decenas de veciños e veciñas participaron esta tarde no acto de presentación do programa municipal Ven e Descubre, que ofrece para este ano 2023 un total de 1.170 prazas para excursións e rutas de sendeirismo para veciños e veciñas maiores de 60 anos. Haberá 15 saídas de excursionismo e 11 de sendeirismo. Publicada a guía para fomentar un uso inclusivo e non sexista da linguaxe
No marco de implementación do II Plan de Igualdade, o Concello acaba de publicar a Guía para un uso inclusivo e non sexista da linguaxe. Con esta publicación búscase frear a transmisión de estereotipos e prexuízos sexistas a través da linguaxe.
No marco de implementación do II Plan de Igualdade, o Concello acaba de publicar a Guía para un uso inclusivo e non sexista da linguaxe. Con esta publicación búscase frear a transmisión de estereotipos e prexuízos sexistas a través da linguaxe. Concedidos os premios do certame literario Descubrindo Oleiros
O xurado do IX Premio Literario Descubrindo Oleiros, atendendo á corrección lingüística, á calidade textual e á orixinalidade concedeu os premios nas diferentes categorías.
O xurado do IX Premio Literario Descubrindo Oleiros, atendendo á corrección lingüística, á calidade textual e á orixinalidade concedeu os premios nas diferentes categorías. Obradoiros infantís e xuvenís de grafitti e pintura mural
Mañá mércores 29 de marzo abre o prazo para solicitar inscrición para os obradoiros trimestrais de grafiti infantil e xuvenil organizados polo departamento de Cultura dentro da Escola municipal de Obradoiros artísticos, e que terán lugar de abril a xuño na Escola infantil O Castaño de Perillo. A idea destes obradoiros é dar a coñecer ao alumnado a arte urbana.
Mañá mércores 29 de marzo abre o prazo para solicitar inscrición para os obradoiros trimestrais de grafiti infantil e xuvenil organizados polo departamento de Cultura dentro da Escola municipal de Obradoiros artísticos, e que terán lugar de abril a xuño na Escola infantil O Castaño de Perillo. A idea destes obradoiros é dar a coñecer ao alumnado a arte urbana. N.E.V.E.R.M.O.R.E., teatro contemporáneo este sábado no Gabriel García Márquez de Mera
O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Chévere presenta a obra de teatro contemporáneo N.E.V.E.R.M.O.R.E., dirixida por Xron, coa interpretación de Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Borja Fernández e Tone Martínez.
O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Chévere presenta a obra de teatro contemporáneo N.E.V.E.R.M.O.R.E., dirixida por Xron, coa interpretación de Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Borja Fernández e Tone Martínez. A Fábrica acolle o xoves a presentación do programa Ven e Descubre 2023
Todas as persoas maiores de 60 anos do municipio están invitadas a acudir á presentación do programa Ven e Descubre 2023 o próximo xoves 23 de marzo, ás 20:00 horas, no auditorio do centro cultural A Fábrica. Este programa municipal engloba todas as actividades de excursionismo e sendeirismo interpretativo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros.
Todas as persoas maiores de 60 anos do municipio están invitadas a acudir á presentación do programa Ven e Descubre 2023 o próximo xoves 23 de marzo, ás 20:00 horas, no auditorio do centro cultural A Fábrica. Este programa municipal engloba todas as actividades de excursionismo e sendeirismo interpretativo dirixidas ás persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. Oleiros apagará as luces o sábado para reivindicar a loita contra o cambio climático
O vindeiro sábado, entre as 20:30 e as 21:30 horas, a iluminación da Casa do Concello, do Castelo de Santa Cruz, da avenida Ernesto Che Guevara e dos paseos da Ría, de Santa Cruz e de Mera permanecerá apagada para denunciar o cambio climático e demandar unha actuación conxunta dos estados do mundo contra este grave problema.
O vindeiro sábado, entre as 20:30 e as 21:30 horas, a iluminación da Casa do Concello, do Castelo de Santa Cruz, da avenida Ernesto Che Guevara e dos paseos da Ría, de Santa Cruz e de Mera permanecerá apagada para denunciar o cambio climático e demandar unha actuación conxunta dos estados do mundo contra este grave problema. O Concello licita a obra de creación dun albergue xuvenil na Finca Tenreiro
O Concello iniciou a licitación das obras de creación dun albergue xuvenil na Finca Tenreiro, en San Pedro de Nós, por importe de 457.400,84 euros. As obras permitirán a creación de vestiarios, cociña, comedor e dormitorios, instalación de calefacción e ascensor, mellora de accesos para garantir a accesibilidade a todas as persoas,... Así, o edificio será destinado a albergue para a realización de campamentos e diversas actividades infantís e xuvenís.
O Concello iniciou a licitación das obras de creación dun albergue xuvenil na Finca Tenreiro, en San Pedro de Nós, por importe de 457.400,84 euros. As obras permitirán a creación de vestiarios, cociña, comedor e dormitorios, instalación de calefacción e ascensor, mellora de accesos para garantir a accesibilidade a todas as persoas,... Así, o edificio será destinado a albergue para a realización de campamentos e diversas actividades infantís e xuvenís. Recital poético con música en directo, o martes nas Torres de Santa Cruz
O vindeiro martes, 21 de marzo, celebrarase na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz a conmemoración do Día da Poesía. Será coa serie "Poetas en Lata", cunha exposición de colaxes de Mariaxe Colaxe.
O vindeiro martes, 21 de marzo, celebrarase na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz a conmemoración do Día da Poesía. Será coa serie "Poetas en Lata", cunha exposición de colaxes de Mariaxe Colaxe. |