Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Pura, este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 13 de outubro de 2021-. Os Náufragos Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Pura. Denis Gómez, Rebeca Vecino, Sete Eiroa, Nicolás Gaude e Gustavo Del Río forman o elenco desta obra que dirixe Gustavo del Río.

Pura fala dos nosos maiores. En concreto, a orixe da nosa peza, é a avoa Pura, familia do noso director, que serve coma fío condutor do espectáculo. Pura tamén está de aniversario, 94 anos e o seu desexo é ir de novo a ver un filme ao Cine París da Coruña. Un cine que xa non existe como cine. Pura fala de memoria histórica, das lembranzas que aínda perduran nas nosas avoas, da reminiscencia, dos lugares que un día foron parte da nosa vida e tamén, entra no conflito da especulación inmobiliaria e da destrución do patrimonio cultural.
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, a 3,50 euros, ata completar a capacidade permitida da sala. A obra está recomendada para un público adulto. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza