Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Reapertura da mostra Ensamble Isaac no Castelo de Santa Cruz

Finalizadas as obras de mellora e da restauración do artesanado no Castelo de Santa Cruz, o Concello de Oleiros volve abrir as portas da mostra Ensamble Isaac. Trátase dunha exposición permanente sobre a figura do polifacético artista galego Isaac Díaz Pardo.

O pleno aproba unha declaración institucional contra a violencia de xénero

O pleno municipal aprobou unha declaración institucional en contra da violencia de xénero. Todos os grupos políticos apoiaron o texto no que se denuncia que a violencia de xénero é unha das máis graves violacións dos dereitos humanos, que condiciona e devasta a vida de mulleres de Oleiros e de todo o mundo, totalmente incompatible cunha sociedade democrática.

O domingo proxéctase nas Torres a película Mientras dure la guerra

A proxección de Mientras dure la guerra está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 28 de novembro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.

O grupo estable de teatro do Concello actúa o sábado no Gabriel García Márquez de Mera

O grupo estable de teatro do Concello de Oleiros presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera Planeta X.

O grupo de teatro de iniciación do Concello actúa o venres no Gabriel García Márquez de Mera

O grupo de teatro de iniciación do Concello de Oleiros presenta o venres ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera Volver. Trátase dunha peza teatral ambientada en outubro de 2020, coa recuperación de moitas das actividades que antes da pandemia eran fundamentais. Entre elas o teatro, pero a pregunta que fai esta obra é se poderiamos recuperala de verdade. Con máscara? Con distanciamento social? Sería posible?

Actividades de ocio para rapaces e rapazas, este venres na polideportiva da II República

O vindeiro venres 26 de novembro haberá actividades na pista polideportiva da II República, en Perillo. Comezarán ás 16:30 horas e están dirixidas para rapazas e rapaces de 8 a 17 anos.

O Concello saca a contratación o novo aparcamento de Bastiagueiro

O Concello de Oleiros ten aberta a licitación das obras de creación dun aparcamento público nos terreos municipais existentes entre o estadio do INEF, a nova pista de patinaxe de velocidade e o aparcamento da pista de skate, na marxe dereita da avenida Ernesto Che Guevara dirección Santa Cruz. O investimento nesta actuación é de 453.000 euros.

Abre a convocatoria das subvencións da Fundación Paz y González

Está aberto o prazo de solicitude para as subvencións da Fundación Paz y González que tal e como figura nos seus estatutos desta entidade só poden solicitar os veciños e veciñas de Iñás.

As bolsas reivindicativas do 25-N repartiranse mércores e xoves nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade

Con motivo do Día contra a Violencia de Xénero, entre outras iniciativas, o Concello vai distribuír unha bolsa cunha mensaxe reivindicativa. O lema foi elixido mediante votación pública, a través das redes sociais do Concello, cunha participación de máis de 1.000 persoas.

Concerto infantil para maiores de 2 anos, o domingo no Auditorio Gabriel García Márquez

Está aberto o prazo para inscribirse no concerto Dobre Extra!, de Paco Nogueiras. O espectáculo será o 28 de novembro ás 12:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez e está recomendado para maiores de 2 anos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza