Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Hoxe abre o prazo de inscrición para unhas xornadas micolóxicas

O Concello de Oleiros organiza unhas xornadas micolóxicas os días 2, 3 e 4 de novembro. A actividade está dirixida a persoas maiores de 18 anos e ofértanse 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.

Unha oliveira conmemora o centenario do Club de Leóns

Para conmemorar o centenario do Club de Leóns, a agrupación de Oleiros acordou doar unha oliveira centenaria á veciñanza. Mañá venres ás 17:00 horas procederase á plantación da árbore nun acto público que terá lugar nas inmediacións da Escola Municipal de Danza e no que participará o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, representantes do Goberno municipal e Adrián Ameneiro e Ricardo Gómez, entre outros representantes do Club de Leóns de Oleiros.

Todas as liñas de autobuses de Oleiros entrarán no centro da Coruña

Todas as liñas de autobuses existentes no Concello de Oleiros que se dirixen á Coruña chegarán ata o centro da cidade. Está previsto que nos vindeiros días entren en funcionamento as novas paradas que estarán situadas na praza da Palloza, na praza de Ourense e en Entrexardíns.

A negativa do PSOE da Coruña á creación da Área Metropolitana ataca gravemente ao interese xeral da cidadanía da comarca

José Manuel García, voceiro municipal do grupo socialista, vén de manifestar a súa oposición á creación da Área Metropolitana da Coruña, sen aportar argumentos de ningún tipo, simplemente por crer que a creación da Área favorecería ao actual alcalde da cidade.

O Concello de Oleiros increméntalle o IBI a Autopistas del Atlántico nun 46%

O Concello de Oleiros aprobará no próximo pleno municipal a modificación de distintas ordenanzas fiscais para actualizar as taxas aos incrementos do IPC, establecido polo Ministerio de Facenda. Entre os impostos que se verán alterados atópase o Imposto de Bens Inmobles de Características Especiais, que grava unicamente a Autopistas del Atlántico.

Oleiros, o municipio coa renda máis alta de Galicia

O Concello de Oleiros é o municipio de Galicia coa renda máis alta por habitante, superando a todas as grandes urbes e os concellos máis potentes. No conxunto de España, Oleiros supera tamén a Madrid e Barcelona e ocupa a posición número 34.

A traxicomedia O soño negro represéntase o domingo en Mera

A compañía Azar Teatro Danza e Música presenta o domingo ás 20:00 horas no auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo O soño negro, adaptado e dirixido por Marisol Casal. O elenco de actores e actrices fórmano Brais Romero García, Brenda Romero Casal, Sergio León Centeno, Xian Romero Casal, Oliver Daniel Carballal García e María Florencia Del Pópolo Calzada.

A Orquestra de Cámara Galega ofrece un concerto o sábado en Mera

O sábado, ás 20:30 horas, o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle un concerto da Orquestra de Cámara Galega. Será a presentación en Oleiros do espectáculo Alma Delas: concerto con voz de muller.

A Fábrica acolle esta fin de semana o XIII Festival Internacional Galicreques

O Concello de Oleiros acolle un ano máis o Festival Internacional Galicreques que organiza o Consorcio das Mariñas. Esta nova edición, que será a décimo terceira, ofrece actuacións o venres, o sábado e o domingo no auditorio da Fábrica, en Perillo.

Pura Tejelo presenta a súa obra A elegancia do século nas Torres de Santa Cruz

O vindeiro xoves día 19, ás 20:00 horas, preséntase o libro A elegancia do século de Pura Tejelo no auditorio das Torres de Santa Cruz. Ademais da autora, o acto contará coa participación de Rosa García Vilariño, profesora de lingua e literatura, e de Sabela Caamaño, acordeonista.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza