O alumnado participa nos obradoiros de Martín Códax
O SNL programou a actividade Música e Arte con Martín Códax, para dar a coñecer ao alumnado de 6º de infantil e 1º e 2º de primaria a persoa homenaxeada este ano polo Día das Artes Galegas, que se celebra o 1 de abril.

O Concello felicita a Laura Sarasola e Rut Balbís polos seus María Casares
O Concello de Oleiros quere dar a en hora boa a todas as persoas premiadas na pasada Gala dos XXVII Premios de Teatro María Casares celebrada na noite do xoves 30 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Máis de 1.500 alumnos e alumnas asistiron ao auditorio a ver a obra Hugo
Esta semana pasaron polo Auditorio Gabriel García Márquez máis de 1500 alumnos e alumnas dos centros de ensino de Oleiros para ver a obra Hugo. Esta obra de Os Náufragos Teatro foi galardoada cos Premios María Casares 2022 como Mellor Espectáculo para a Infancia.

Numerosas actividades nas bibliotecas municipais para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil
O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Co obxectivo de fomentar nos nenos e nenas o interese polos libros e a lectura e facer diso un hábito de vida, realizaranse exposicións de libros infantís e xuvenís en todas as bibliotecas municipais.

Concedida unha mención honorífica ao axente da Policía Local Paz Viñas por unha actuación extraordinaria nun intento de suicidio
O Concello de Oleiros concedeulle unha mención honorífica ao axente da Policía local Juan Carlos Paz Viñas pola súa actuación extraordinaria no salvamento dunha muller nun intento de suicidio arroxándose desde o tellado dun edificio de tres plantas de Perillo o pasado mes de setembro. Nunha actuación de máis de 2 horas, xunto con Emilio Rocha Vilariño e dous axentes da Garda Civil do posto de Oleiros, en compañía dun traballador do 061, improvisaron un arnés cunha corda ao redor do corpo de Paz Viñas, que accedeu á cuberta do edificio, sen ser advertido pola rapaza, reptando sobre as tellas e abalanzándose sobre ela antes de que puidese saltar ao baleiro. Xa presa, o resto dos funcionarios policiais e máis o sanitario tiraron da corda arrastrando aos dous ao interior da vivenda. Como consecuencia desta manobra Juan Carlos Paz Viñas sufriu queimaduras no brazo esquerdo e un dos axentes da Garda Civil lesionou un brazo. A muller finalmente puido ser trasladada ao CHUAC.

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de abril
Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de abril que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

O sábado inaugúrase un novo museo municipal no Castelo de Santa Cruz
Obxectomanía é o suxestivo título que encabezará a nova exposición permanente de arte do Castelo de Santa Cruz. Unha nova iniciativa municipal para divulgar os importantes fondos artísticos públicos e achegalos á cidadanía. O acto de inauguración será o vindeiro sábado, día 1 de abril, ás 6 da tarde.

O domingo celébrase a Gala do Deporte de Oleiros no auditorio Gabriel García Márquez
Un total de 58 persoas que practican 19 disciplinas diferentes serán obxecto o vindeiro domingo 2 de abril dunha homenaxe da cidadanía de Oleiros ao mundo do deporte local na Gala do Deporte do Concello de Oleiros. Será entregando un agasallo simbólico a quen destacou durante os últimos tres anos, logrando podios nos ámbitos nacionais e internacionais durante os anos 2020, 2021 e 2022.

Premio europeo para a praia de Bastiagueiro por levar 36 anos consecutivos con bandeira azul
Tan só 8 municipios en toda España levan 36 anos consecutivos recibindo a bandeira azul: 7 de Valencia e Oleiros. Por este motivo, o organismo europeo ADEAC concedeu unha distinción especial ao Concello nun acto celebrado esta mañá en Cullera.