Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

Ábrese o prazo de pagamento voluntario dos impostos e taxas municipais IBIU, IBIR e IAE

 Oleiros, 15 de setembro de 2021-. O 15 de setembro ábrese o prazo para o pagamento voluntario dos impostos e taxas municipais sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica  (IBIU e IBIR) e sobre actividades económicas (IAE).

Desde o 15 de setembro ata o 30 de novembro de 2021 terá lugar o período de pagamento voluntario do Imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica (IBIU e IBIR) e do Imposto sobre actividades económicas (IAE).

A semana do 20 de setembro enviaranse os recibos aos domicilios e o día 2 de novembro serán cargados aqueles que estean domiciliados.

As persoas que non teñan domiciliados os seus recibos poderán facer o pago das seguintes formas:

·              - En Entidades Colaboradoras: ABANCA, CAIXABANK e BBVA. Neste caso deberán dispoñer previamente dos documentos de ingreso necesarios.

·                       - Na Oficina de Recadación, dentro do seu horario de atención ao público.

·         - Por internet, banca electrónica e en caixeiro automático. Os clientes das entidades colaboradores citadas, que o permitan, poderán realizar o ingreso das súas débedas por estes medios. 

·            - En www.oleiros.org, sede electrónica, dentro do apartado carpeta cidadá. Para usuarios rexistrados ou que teñan DNI electrónico ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre (FNMT).   

·                      - Para usuarios non rexistrados. En www.oleiros.org, sección Facenda, pagamento de recibos, a través do enlace á pasarela de pagos da nosa entidade xestora. É necesario que teña o recibo que quere pagar posto que terá que teclear a emisora, identificación, referencia e importe que figuran no mesmo.    

En relación coas entidade bancarias colaboradoras cómpre informar de que o Banco Santander presentou escrito a este Concello comunicando que NON desexa prorrogar o seu contrato en materia de colaboración na recadación de tributos e outros ingresos municipais. Neste sentido desde o próximo 28 de setembro de 2021, o Banco Santander deixa de prestar os seus servizos como entidade colaboradora da recadación municipal e polo tanto os recibos, liquidacións ou autoliquidacións do Concello de Oleiros non se poderán pagar en dita entidade bancaria.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza