Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

As escolas municipais de música, danza e teatro dispoñen de prazas libres para novo alumnado

A Escola Municipal de Música conta con 30 prazas para Música e Movemento (nacidos entre os anos 2014 e 2017). Ademais, hai prazas para os instrumentos de clarinete, contrabaixo, frauta, guitarra eléctrica, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, viola, violín e violonchelo (nacidos de 2011 en adiante).

O Concello finalizará a recuperación da Finca Tenreiro cunha subvención da Deputación

O Concello de Oleiros vai recibir unha subvención da Deputación da Coruña de 300.000 euros que serán destinados á obra de finalización da recuperación do parque e do edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, para crear un albergue xuvenil. Esta actuación, de 457.400,84 euros, executarase en 2022.

A Xunta ten a 12 maiores en lista de agarda para o Centro de día das Galeras, con 21 prazas libres

Un total de 12 persoas maiores levan semanas -nalgún caso meses- en lista de espera para ocupar unha praza no Centro de Día das Galeras, que dispón neste momento de 21 prazas vacantes. Incomprensiblemente, e malia a urxente necesidade das familias, a admisión no centro está paralizada debido a que a Xunta non resolve un simple trámite administrativo.

O Concello programa un ciclo de proxeccións de películas senlleiras da historia do cine

Este outono o Concello de Oleiros programa un ciclo de cine con algunhas das películas clásicas máis célebres. É unha selección de obras coas que se pretende facer unha homenaxe a Luis García Berlanga e Fernando Fernán Gómez no centenario do seu nacemento, e a outros grandes directores como Manuel Gutiérrez Aragón, Fernando Trueba ou Alejandro Amenábar.

Pura, este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

Os Náufragos Teatro presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Pura. Denis Gómez, Rebeca Vecino, Sete Eiroa, Nicolás Gaude e Gustavo Del Río forman o elenco desta obra que dirixe Gustavo del Río.

Regresan as actividades de Apego co concerto de Uxía a Lambona e a Banda Molona para maiores de 3 anos este domingo

Este domingo, ás 12.00 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez retómanse as actividades do programa Apego co concerto de Uxía a Lambona e a Banda Molona no que se recollerán clásicos populares galegos dándolles un toque particular "rockeiro" e "rapeado".

O sábado celébrase o I Encontro Mocidade Voluntaria na Casa da Mocidade das Pedras

Unhas 20 ONG e entidades sociais da comarca participarán o vindeiro sábado no I Encontro Mocidade Voluntaria, unha xornada dirixida a que a mocidade poida coñecer aquelas entidades máis próximas que contan con persoas voluntarias por se puidesen espertar o seu interese de colaboración.

Venres e sábado celébrase o Festival Rockanroleiros en Santa Cruz

A vindeira fin de semana a polideportiva de Meixonfrío, en Santa Cruz, acolle a cuarta edición do Festival Rockanroleiros. Os concertos celebraranse o venres partir das 20:00 horas e o sábado a partir das 19:00 horas.

A Xunta establece que os edificios de máis de 50 anos terán que contar cun informe de avaliación

A Xunta de Galicia aprobou un decreto segundo o que todos os edificios de vivendas colectivas de máis de 50 anos de antigüidade quedan obrigados a pasar unha inspección para acreditar o estado de conservación do inmoble, a accesibilidade universal e a súa eficiencia enerxética.

O Concello organiza obradoiros de pintura para todas as idades

A mediados de outubro darán comezo na escola municipal do Castaño os obradoiros de pintura infantís, xuvenís e de adultos. A pintora e profesora Isabel Pintado impartirá as sesións dos grupos infantís e xuvenís e o pintor e profesor Ricardo Pérez Rilo os obradoiros de adultos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza