Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
Dende Outubro 2010

Concertos o sábado en Santa Cristina como anticipo do V Festival Rockanroleiros

Con motivo da promoción do V Festival Rockanroleiros, este sábado celebrarase na Praza Afundida de Santa Cristina un concerto pre-festival que comezará ás 18:00 con Braian de Palma. Ás 19:00 actuará o grupo Máxica, ás 20:00 Chasis e ás 21:00 a sesión finalizará con Rockson. O concerto é gratuíto e aberto a toda a cidadanía.

A Aula do Mar pecha desde o luns por obras de mellora

Unha obra de mantemento xeral do edificio obriga a pechar a partir do luns, día 26, a Casa do Fareiro de Mera, onde se atopa a Aula do Mar, o centro de interpretación do Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes. En canto remate a obra a aula volverá abrirse á cidadanía, o que se anunciará publicamente.

Esta noite comeza o asfaltado da avenida Che Guevara

Esta noite comezan os traballos de renovación do asfaltado da avenida Che Guevara, desde a ponte Pasaxe ata a rotonda de Romardeiro. Esta obra executarse en horario nocturno para causar as mínimas molestias ao tráfico.

O Concello denuncia que a Xunta non actúa ante a praga de moscas na parroquia de Nós

Veciños e veciñas da parroquia de Nós dirixíronse ao Concello de Oleiros para trasladar o seu grande malestar debido á desatención que están a sufrir por parte da Xunta de Galicia que non está a actuar ante unha desmedida praga de moscas. Xa son varios os días nos que se está a padecer esta incómoda situación, tanto na parroquia de Nós como en zonas limítrofes do Concello de Cambre.

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de outubro

Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de outubro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Acordo entre os concellos de Oleiros e A Coruña para estudar a creación dun servizo de transporte marítimo

O Concello de Oleiros e o Concello da Coruña están totalmente de acordo en estudar as posibilidades de establecer liñas de transporte marítimo público desde Santa Cristina, Santa Cruz e Mera ata Coruña. O Goberno municipal de Oleiros, tal e como recolleu no recentemente aprobado Plan de Mobilidade, aposta pola futura implantación deste medio de comunicación non só para a tempada estival, senón que para todo o ano.

Inaugurado o campo deportivo municipal A Marola

"A pesar de todos os paus nas rodas que nos puxeron desde hai 12 anos que empezamos a facer xestións para construir este campo de fútbol, aquí estamos, celebrando un día histórico". Un espazo deportivo que leva un nome absolutamente identificado co norte do municipio: A Marola.

Xa poden reservarse prazas para os obradoiros infantís nas bibliotecas de Oleiros

De aquí a fin de ano celebraranse nas bibliotecas municipais de Oleiros os obradoiros creativos e científicos para público infantil. É unha actividade pensada para nenas e nenos de máis de 6 anos nas 7 sedes da rede ás 17:30 horas e é preciso facer unha reserva previa, que pode realizarse por teléfono.

O Centro de Día para maiores das Galeras ten 8 prazas libres e 15 persoas agardando entrar

O prazo desde que se solicita ata que se concede é de 6 meses, pero para chegar a utilizalo aínda hai que agardar un ano máis: 18 meses.

Mañá inaugúrase o novo campo de fútbol municipal do norte do municipio

Todos os veciños e veciñas do municipio están invitados a participar no acto de inauguración do novo campo de fútbol municipal do norte do municipio que se celebrará mañá sábado ás 17:00 horas. Unha vez realizado o acto protocolario, serán os nenos e nenas dos equipos benxamíns dos distintos clubs do municipio os que estrearán o campo coa disputa duns partidos amigables.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza