Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Os días 1, 2 e 3 de outubro poderá renovarse o DNI na Casa Charry

Os días 1, 2 e 3 de outubro un equipo de axentes do Corpo Nacional de Policía desprazarase ata a Casa Charry para proceder á realización dos trámites oportunos para a renovación do documento nacional de identidade. O horario de atención será de 9:00 a 12:30 horas.

Vinte mozas e mozos parten mañá cara Italia para participar no intercambio cultural con Buccino

O Concello de Oleiros organiza un intercambio xuvenil coa Comuna de Buccino, no sur de Italia, entre os días 15 e 21 de agosto. Un grupo de 20 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos iniciarán mañá a súa viaxe ata terras italianas.

O Concello volve demandar ao Sergas máis pediatras e a creación dun servizo de psiquiatría

O Concello de Oleiros solicitou novamente ao Sergas un incremento dos servizos médicos, acorde ao número de habitantes do municipio. Malia o importante aumento poboacional dos últimos anos, o concello non conta cos servizos nin cos profesionais precisos para ofrecer unha atención axeitada.

O Concello impedirá a instalación dunha gasolineira en Bastiagueiro

O Concello de Oleiros denegará a licenza de construción e de actividade a unha empresa que pretende construír unha gasolineira nunha parcela da avenida Ernesto Che Guevara, á altura da rúa dos Niños. O Plan xeral de ordenación municipal clasifica esa parcela como solo rústico de protección de infraestruturas e só é posible crear aparcadoiros.

O Concello saca a contratación diversas obras por máis dun millón de euros

O Concello de Oleiros iniciou a licitación de nove obras que se realizarán en diversos lugares do municipio nos vindeiros meses. A suma total das nove actuacións é de 1.005.397 euros.

O luns haberá unha visita guiada á exposición de Francisco Lloréns

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na visita guiada á exposición itinerante sobre o pintor e paisaxista galego Francisco Lloréns, que terá lugar o vindeiro luns 13 de agosto ás 12.00 horas no Parque da Lagoa, de Mera. A mostra, organizada polo Consorcio das Mariñas, intenta poñer en valor e difundir a vida e obra do pintor galego como o "Pintor das Mariñas", un dos máximos representantes do impresionismo galego e quen nas súas obras retratou moitas paisaxes de Oleiros, Sada e outros lugares da comarca

O Concello demanda ante Portos de Galicia a reparación urxente do peirao de Mera

O Concello de Oleiros remitiu un documento a Portos de Galicia para demandar a urxente reparación dos graves danos existentes no peirao de Mera. Aínda que a día de hoxe non existe actividade pesqueira profesional, son moitas as persoas que usan a diario este dique para distintas actividades de ocio relacionadas co mar.

O Concello crea 20 prazas de estacionamento comercial limitado no centro de Santa Cruz

Para mellorar a rotación de vehículos e os problemas de aparcamento no centro de Santa Cruz, o Concello de Oleiros decidiu crear 20 prazas de estacionamento comercial limitado gratuíto que funcionarán durante todo o ano. O tempo que se poderán ocupar estas prazas será de 30 minutos.

Los Mecánicos e Garufa Blue Devils Big Band actúan esta fin de semana en Alfaroleiros

A praza de Esther Pita acollerá esta fin de semana dous interesantes concertos. O sábado, partir das 22.30 horas, actuarán Los Mecánicos e o domingo, ás 21:30 horas, ofrecerá un concerto Garufa Blue Devils Big Band.

A burrocracia da Xunta boicotea a chegada do bus urbano 1A a Santa Cristina

O Goberno municipal denunciou esta mañá ante as dependencias autonómicas na Coruña o boicot perpetrado pola Xunta de Galicia que impide que, malia a existencia de acordo entre todas as partes desde o mes de maio, o bus urbano da Coruña 1A non poida chegar ata Santa Cristina.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza