Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
Dende Outubro 2010

O sábado abre a pista de xeo e as atraccións infantís de nadal

O vindeiro sábado 10 de decembro o Concello abre a pista de xeo e as atraccións infantís de nadal que estarán instaladas na polideportiva da avenida da II República, no alto de Perillo. Tamén haberá atraccións en Santa Cruz, pero debido á celebración da festa de Santaia de Liáns non abrirán ata o día 17.

O Péndulo, teatro-documental este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Inversa Teatro presenta a obra de teatro O Péndulo, de Marta Pérez e Ernesto Is, dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio, coa interpretación de Marta Pérez, Nerea Brey e Rosa Puga Davila. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Obradoiros infantís de creación de marionetas nas bibliotecas municipais

Un cento de nenas e nenos de Oleiros con 6 anos ou máis poderán participar nos obradoiros para crear marionetas, unha actividade que organiza o Concello nas bibliotecas públicas entre o 2 e o 22 de decembro.

Charla para a prevención de atropelos en Mera mañá

Mañá mércores, día 30 de novembro, ás 16:30 horas no Local Social da Lagoa, en Mera, terá lugar unha charla sobre a prevención de atropelos impartido polo coordinador provincial de Educación Viaria da Dirección Xeral de Tráfico. Todas as persoas asistentes recibirán como agasallo un práctico chaleco reflectante.

O Concello organiza campamentos para nenos e nenas durante o Nadal

Os nenos e nenas de entre 6 e 11 anos teñen a posibilidade de participar entre os días 26 e 30 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas nos colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de decembro

Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de decembro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Danza o mércores no García Márquez contra a violencia de xénero

Danza e liberdade é o título da sesión de danza que terá lugar o mércores ás 19:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez, en Mera, arredor da violencia de xénero, na que participarán alumnado de 4º a 6º cursos do grao profesional e profesorado do Conservatorio de Danza da Deputación da Coruña.

Corte de tráfico por obras no tramo final da avenida Rosalía de Castro, en Perillo

Debido á realización dunha obra de reparación da rede xeral de saneamento na avenida Rosalía de Castro, á altura do cruce coa rúa Pombal, será preciso proceder a efectuar un corte de tráfico no tramo final da avenida mañá luns día 28 e o martes día 29, en horario de 08:00 a 18:00 horas.

O luns comezan as obras de asfaltado de diversas rúas de Santa Cruz

Se as condicións climatolóxicas así o permiten, a próxima semana procederase á mellora do pavimento das rúas Monte Casal, río do Seixo, Eduardo Blanco Amor, María Casares e Dolores Ibarruri. Debido a estas obras, haberá alteracións no tráfico que estarán debidamente indicadas.

Comeza a instalación da área de calistenia no Parque As Trece Rosas

O Concello está a crear un circuíto de calistenia no Parque As Trece Rosas que servirá para a práctica do deporte ao aire libre. Atópase preto do pequeno montículo empedrado que fai de miradoiro sobre a ría.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza