Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Unhas conferencias sobre Carlos Casares abren as actividades de celebración do Día das Letras Galegas

Dentro do amplo programa que ten o Concello de Oleiros para celebrar o Día das Letras Galegas, que este ano ten como protagonista ao insigne escritor Carlos Casares, e para conseguir os obxectivos de achegar a súa figura, dar a coñecer as súas obras máis destacadas, as súas características máis significativas e promover a lectura dos seus libros, estanse a levar a cabo en todas as bibliotecas municipais diversas actividades. Concretamente o día 2 de maio, no teatro das Torres de Santa Cruz realizaranse dúas conferencias sobre Carlos Casares.

Unha festa de alumnos de Inef causa graves estragos na casa municipal da praia de Bastiagueiro

A pasada noite unhas 400 persoas participaron nunha festa na casa municipal da praia de Bastiagueiro incumprindo gravemente as normas de préstamo estipuladas para a estes recintos públicos. Unha cantidade importante de lixo, cristais rotos ou pintadas son algunhas das nefastas consecuencias desta celebración.

O Concello de Oleiros incrementa as axudas á escolarización para as familias con dificultades económicas

O Concello de Oleiros incrementará a contía das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2017/2018, así como o límite para acceder ás ditas axudas, para que as subvencións e o número de familias sexa maior. Estas axudas son unha das numerosas medidas pola inclusión social coas que conta a concellería de Servizos Sociais para apoiar a aquelas familias, nunha peor situación económica, a asumir, neste caso, os gastos extraordinarios que ocasiona o inicio do curso escolar.

O alumnado do IES Miraflores lanzará unha cápsula ao espazo o vindeiro venres

A Axencia Espacial Escolar Galega NOSA, da que forma parte o alumnado de do IES Miraflores, realizará o lanzamento dunha cápsula á estratosfera o vindeiro venres día 5 de maio, co obxectivo de recadar datos científicos -capa de ozono, temperatura, presión atmosférica...- e filmar imaxes do espazo. Agardan que o aparello acade uns 35.000 metros de altura.

O pleno do Concello demanda que o Estado elimine as restricións ao uso do superávit municipal

O pleno do Concello de Oleiros celebrado esta tarde aprobou unha moción pola cal se insta ó goberno do Estado e ós grupos parlamentarios a que modifiquen a lexislación de maneira urxente para que os municipios poidan empregar o superávit do exercicio do 2016 para calquera fin que estimen oportuno. O que se reclama é que os concellos poidan reinvestir o superávit sen máis restricións que o cumprimento da estabilidade orzamentaria.

O alumnado dos centros públicos e as entidades recibirán unha publicación municipal sobre Carlos Casares

O Concello repartirá entre o alumnado dos centros públicos e as entidades municipais un caderno didáctico de Carlos Casares editado polo Equipo de Dinamización da Lingua do IES Maria Casares, en colaboración co Concello de Oleiros, coordinado por Pepe Taboada e maquetado e ilustrado por Miguel Cuba.

Carlos Blanco e Luis Davila presentan o seu espectáculo Menú da noite o venres e o sábado en Mera

O espectáculo Menú da noite, escrito e dirixido por Carlos Blanco, chega esta fin de semana ao Auditorio Gabriel García Márquez de Mera por partida dobre, o venres ás 21:00 horas e o sábado ás 20:30 horas. Carlos Blanco e Luis Davila deixan, momentaneamente, a saia escocesa para poñer o smóking.

O venres abre o prazo de preinscrición nas actividades municipais de verán infantís e xuvenís

Do 28 de abril ao 5 de maio estará aberto o prazo de preinscrición nas actividades de verán organizadas polo Concello de Oleiros. Poderá realizarse na web municipal www.oleiros.org, na carpeta cidadá -non é necesario estar rexistrado-, ou na conserxería do centro cultural A Fábrica de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas -981 636 598-.

O Centro Municipal de Formación axudou a que 312 persoas atoparan traballo e a que se crearan 30 novas empresas durante o 2016

O Concello de Oleiros, a través do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, axudou a 312 persoas a atopar emprego durante o ano 2016. En total foron atendidas 4.435 persoas nas dependencias dos Regos ao longo do ano pasado.

O alumnado de percusión da Escola Municipal de Música participará no IV Festival de Grupos de Percusión

O conxunto de percusión da Escola Municipal de Música foi convidado a participar un ano máis no IV Festival de Grupos de Percusión que se celebra o vindeiro venres ás 19:00 horas no Auditorio do CMUS Profesional da Coruña. A finalidade deste encontro é que o alumnado de diferentes centros comparta as súas experiencias.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza