Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
Dende Outubro 2010

O Concello promoverá a construción de vivendas a prezo reducido en Xaz

A xestión urbanística que realiza o Concello no desenvolvemento de novas urbanizacións garante un crecemento sostible, ordenado e de baixa densidade. Tamén permite a obtención gratuíta de solo para equipamentos, zonas verdes e parcelas construíbles.

O Concello contrata as obras de renovación do pavimento na avenida Che Guevara

Proximamente comezarán as obras de mantemento e conservación da estrada na avenida Che Guevara. Estes procesos de renovación realizaranse durante as noites para evitar posibles molestias á veciñanza.

A costa libre de Oleiros volve ser distinguida como sendeiro azul europeo

A costa libre de Oleiros, con 26 km totalmente transitables a través de sendas e paseos públicos, volveu ser recoñecida como sendeiro azul europeo. As políticas promovidas polo Concello de protección medioambiental do litoral e creación de espazos de uso público permiten que practicamente toda a costa oleirense se atope aberta á cidadanía.

As casas da mocidade realizan diversos obradoiros durante o mes de xuño

Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de xuño que se desenvolve nas casas da mocidade. Están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Mañá celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros coa participación de 200 deportistas

Mañá celébrase o XXXII Tríatlon Concello de Oleiros. Os 200 deportistas participantes sairán ás 4 da tarde da praia de Santa Ana para realizar 750 m de natación. Despois terán que completar 21 km de bicicleta e 5,5 km de carreira a pé ata chegar á meta, no parque da Lagoa.

O pleno aproba reclamar a urxente contratación das conexións da vía Ártabra coa AP-9 e a A-6

O pleno municipal aprobou por unanimidade a moción presentada polo Goberno municipal para demandar á Xunta de Galicia que subsane urxentemente os erros administrativos do proxecto da vía Ártabra e que proceda a contratar novamente as obras e os proxectos para continuar a vía Ártabra tanto ata a AP-9 como ata a A-6.

O Concello volve esixir o urxente restablecemento dos servizos de telecomunicacións

Veciños e veciñas de Coruxo, Romardeiro e As Galeras levan máis de 20 días sufrindo cortes nos servizos de internet e televisión nos seus domicilios, dotados de fibra óptica desde hai máis de 20 anos por parte da empresa R.

Comeza o pintado de novas obras de arte urbana en Oleiros

Atópase en marcha o pintado de dúas novas obras artísticas para embelecer os espazos públicos do municipio. A muralista Lula Goce está a crear un mural sobre o solo da praza da Rabadeira e Joseba Muruzábal iniciou o pintado das fachadas medianeiras dun edificio da rúa Miraflores.

O Concello require ás empresas o urxente restablecemento dos servizos de telecomunicacións

Debido ás guerras comerciais entre as empresas de telecomunicacións, numerosos veciños e veciñas de Oleiros están a sufrir continuos cortes nos servizos de internet, teléfono e televisión nos seus domicilios. Ante esta situación e mentres non se resolvan por completo as avarías, o Concello de Oleiros paralizará todos os traballos que as empresas pretendan realizar nas arquetas de propiedade municipal.

A Orquestra Sinfónica e a Escola de Danza municipais actúan o domingo no parque da Lagoa

A Orquestra Sinfónica da Escola Municipal de Música, co acompañamento do ballet da Escola Municipal de Danza, actúan este domingo 29 de maio, ás 12:30 horas, no parque da Lagoa de Mera.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza