Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

Marcos Ana e Eduardo Galeano terán cadansúa rúa en Mera

Marcos Ana e Eduardo Galeano terán as súas respectivas rúas na localidade de Mera, na nova urbanización que vai desenvolverse entre Pinar do Río e Lamalonga. O Goberno municipal decidiu outorgarlles aos novos viais o nome destes dous insignes escritores que amosaron ao longo da súa vida un compromiso total e unha loita inquebrantable para mellorar a sociedade.

Os nenos saharauís do programa Vacacións en Paz visitan o Concello de Oleiros

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, xunto coa concelleira de cooperación, Marga Figueroa Vázquez, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao grupo de nenos e nenas saharauís que están a pasar as súas vacacións en Oleiros grazas ao programa Vacacións en Paz que organiza a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Os días 6, 7 e 8 de setembro poderá renovarse o DNI na Casa Charry

Os días 6, 7 e 8 de setembro, en horario de 9:00 a 12:30 horas, un equipo de axentes do Corpo Nacional de Policía desprazarase ata a Casa Charry para proceder á realización dos trámites oportunos para a renovación do documento nacional de identidade. As persoas que o soliciten por primeira vez ou que perdesen o documento, tamén poderán achegarse ata as instalacións policiais. Para os casos de renovación, os solicitantes deberán facer entrega do documento antigo para poder iniciar os novos trámites.

Concertos, cine, espectáculos infantís e faladoiros complementan a Feira Alfaroleiros

A XXIII edición da Feira Alfaroleiros, que comeza mañá e que se prolongará ata o domingo, conta cunha ampla programación de actividades paralelas á mostra de olería. Concertos para todos os públicos e de todos os estilos, proxeccións de cine ao aire libre, múltiples espectáculos para os máis pequenos e as charlas-coloquio sobre olería conforman a oferta de Alfaroleiros para os vindeiros días.

O mércores comeza Alfaroleiros, a mellor mostra de olería de España

Oleiros volverá ser a capital da olería tradicional de España coa celebración da XXIII edición da feira Alfaroleiros. O parque Luís Seoane de Santa Cruz acollerá entre o mércores 2 e o domingo 6 de agosto esta mostra, única en todo o Estado.

O Concello de Oleiros ofertará 9 cursos de formación para persoas en situación de desemprego

A Xunta de Galicia concedeulle ao Concello de Oleiros unha subvención de 317.965,50 euros para a realización de cursos de formación para persoas en situación de desemprego. En total ofertaranse 9 programas formativos que comezarán entre os meses de setembro e outubro.

A unidade móbil para doazón de sangue estará no Concello de Oleiros o luns, o martes e o mércores

A unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) visitará o Concello de Oleiros o vindeiro luns, martes e mércores co fin de facilitar a doazón de sangue a todas as persoas que desexen facelo. O vehículo estará o luns en Mera, de 16:00 a 21:00 horas na entrada do parque da Lagoa, o martes en Santa Cristina, de 15:30 a 21:00 na entrada do parque José Martí, e o mércores en Santa Cruz, de 15:30 a 21:00 horas na parada dos taxis do parque Luis Seoane.

O Concello pasará a ser propietario de 107.000 metros cadrados en Bastiagueiro

A Deputación da Coruña acordará mañá a cesión gratuíta ao Concello de Oleiros de 107.000 metros cadrados, na contorna do estadio do INEF, para que pasen a ser propiedade municipal. A maioría deste solo está cualificado polo Plan xeral como zona verde e outra parte está destinada a zona de equipamentos sociais, deportivos e culturais.

O sábado celébrase unha nova edición do Festival Basticore

O festival Basticore 2017 terá lugar na pista de skate de Bastiagueiro o próximo sábado 29. A primeira hora da tarde, a partir das 15:00 horas, comezarán as actuacións musicais que amenizarán a tradicional exhibición e concurso de monopatín.

O Concello continuará a rehabilitación da Finca Tenreiro cun novo Obradoiro de Emprego

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención de 140.188,65 euros ao Concello de Oleiros para realizar un Obradoiro de emprego na Finca Tenreiro e levar a cabo traballos de carpintería e moble no interior dos edificios existentes neste gran parque público. O Concello cofinanciará este proxecto con outros 25.000 euros.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza