Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
Dende Outubro 2010

Concertos todos os xoves de xullo nas Torres de Santa Cruz

Este xoves comezará o micro festival musical As Tardes do Alfar, que ofrecerá concertos gratuítos todos os xoves de xullo. A primeiras actuacións será as de Black Blue, ás 18:30 horas, e Peña , ás 20:30 horas. A xornada completarase cunha visita guiada polo museo e un obradoiro de torno.

O pleno reclama o dereito á liberdade de amar, de ser e de existir

O pleno municipal aprobou a ordenanza das condicións básicas de emisión e uso das tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade e mobilidade reducida. O obxectivo principal que se persegue é mellorar e axilizar o proceso de tramitación e evitar utilizacións fraudulentas.

Todos os sábados de verán haberá música na rúa en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera

O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.

A Xunta elimina sen previo aviso a tarxeta moedeiro destinada a familias vulnerables dous días antes

A Xunta de Galicia procedeu a eliminar dous días antes do previsto a Tarxeta Social Básica mediante a que se prestaba servizo de cobertura das necesidades básicas de alimentación e farmacia a familias en situación de vulnerabilidade económica. Sen previo aviso e de maneira unilateral a Xunta adoptou esta decisión sen informar os concellos, que son as entidades que tramitan estas tarxetas, nin as persoas receptoras da axuda.

O Concello de Oleiros contará cun novo parque público de 20.000 metros construído sobre solo urbano, en Dorneda

O extenso patrimonio medioambiental público do Concello de Oleiros vai incrementarse de maneira inmediata. Sandra Ortega, propietaria de 19.908 metros cadrados de solo urbano en Dorneda -entre a rúa do Mar e a rúa da Poza-, creará un gran parque público para uso e disfrute de toda a cidadanía, asumindo tamén o custo íntegro das obras.

Inauguración da exposición dos obradoiros municipais de pintura este venres na Fábrica

A Fábrica, en Perillo, será a sede da exposición colectiva dos obradoiros de pintura municipal. O acto de inauguración terá lugar o venres 1 de xullo ás 20:30 horas.

O Concello demanda que se permita acceder á sala de espera nas urxencias do centro de saúde de Santa Cruz

Numerosos veciños e veciñas do municipio trasladaron ao Concello o seu malestar por ter que agardar á intemperie mentres esperan para ser atendidos nas urxencias do centro de saúde de Santa Cruz. Persoas maiores, nais con bebés lactantes, persoas con discapacidades... vense obrigadas a permanecer no exterior, soportando frío ou chuvia.

O Concello de Oleiros condena o asasinato de dous cooperantes xesuítas na Cidade de México

Os misioneros Javier Campos Morales e Joaquín César Mora Salazar foron vítimas dun brutal asasinato o pasado luns 20 de xuño no templo da comunidade de Cerocahui en Chihuahua, na Cidade de México. O Concello de Oleiros condena estes feitos violentos, esixe xustiza e a recuperación dos corpos que foron substraídos do templo polas persoas armadas.

O Concello oferta rutas guiadas e gratuítas polo Monumento Natural no verán

Desde o 2 de xullo ata o 15 de setembro, o Concello de Oleiros ofertará rutas guiadas gratuítas polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. As persoas interesadas en participar deberán reservar a súa praza chamando ao teléfono 981 618 154.

Orquestra en Bastiagueiro e leña gratuíta nas praias pola noite de San Xoán

Oleiros prepárase para unha gran noite de festa este xoves en todo o municipio. En total, hai solicitadas 567 autorizacións para realizar fogueiras nas zonas permitidas. Na praia de Bastiagueiro haberá música desde as 22:30 horas coa orquestra Fania Blanco Show.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza